Procedemento para solicitar unha cita co titor/a.

As citas titoriais serven, fundamentalmente, para coñecer a evolución académica dun alumno/a. Os titores/as son a canle principal de comunicación entre o alumnado e as familias ou os seus representantes legais, e convén facer uso deste servizo para estar ao tanto do seu rendemento académico,  atallar problemas e adoptar solucións. Cada titor/a conta cun horario de atención a pais no que será posible concertar unha cita de titoría. Podedes solicitar a cita a través dos vosos propios fillos/as, a través dos enderezos electrónicos dos titores (no apartado de Contacto co profesorado) ou chamando o instituto 886110749. É importante que saibades que só se atenderá presencialmente mediante cita previa. Por outro lado pregámosvos que antes de solicitar cita co resto do profesorado fagades uso da titoría, e transmitades nesa cita as dúbidas ou requerimentos respecto de calquera das materias do curso e os seus responsables. De ser o caso, e sempre con coñecemento do titor, poderedes tamén solicitar unha entrevista con outros docentes igualmente con cita previa e nos seus respectivos horarios de atención a pais/nais/representantes legais.