Informacións e actividades

Anuncio da resolución provisional coas solicitudes obtención beca Erasmus+

Xa está publicada no taboleiro do centro a resolución provisional coas solicitudes recibidas para participar no programa Erasmus+ para a realización da FCT no estranxeiro.

Charla informativa: Erasmus +

Erasmus days

Convocatoria Erasmus

Convocatorias de mobilidades Erasmus+ da Xunta de Galicia

Ábrese a convocatoria de prazas de mobilidades Erasmus+ da Xunta de Galicia para alumnado e profesorado interesado na realización de prácticas nun país europeo.Estas prazas son para alumnado matriculado neste momento no 2º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais ou 2º curso de Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas.

Convocatoria de prazas de mobilidades Erasmus+ para alumnado

1. Número de prazas

- Por determinar

2. Presentación de solicitudes

As persoas solicitantes presentarán a solicitude normalizada, segundo o anexo, enviándoa ó enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu acompañada dunha carta de presentación e motivación.

O prazo de presentación de solicitudes será do día 27 ao 2 de febreiro.

SE DESEXAS IMPRIMIR A INFORMACIÓN PREME AQUÍ.

SOLICITUDE MOBILIDADE

 

Solicitude de mobilidades Erasmus+ para alumnado e profesorado

No enlace que figura a continuación atópase a solicitude para participar nunha mobilidade para alumnado e profesorado de ciclos formativos de grao medio e FP Básica de centros educativos públicos que imparten formación profesional  e forman parte do consorcio de mobilidades que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+, durante o ano 2019, 2020, 2021.

SOLICITUDE MOBILIDADE ERASMUS DA XUNTA DE GALICIA

Resolución da convocatoria de dúas mobilidades Erasmus+

O profesorado seleccionado na convocatoria de dúas mobilidades de docentes do proxecto "FP Básica: un puente hacia el futuro", que se realizarán durante o mes de novembro de 2019 son:

  • Dona Beatriz Fernández Bernárdez
  • Dona Sonia Pérez Álvarez

Convocatoria de dúas mobilidades Erasmus para profesorado e criterios de selección.

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PARA PROFESORADO

  1. Convócanse dúas prazas para realizar unha mobilidade Erasmus ao estranxeiro.
  2. As dúas mobilidades son de Job Shadowing: trátase dun periodo de formación en empresas ou centros formativos.
  3. A duración das mobilidades será de cinco días naturais (de luns a venres) e dous días de viaxe.
  4. O instituto ten contactos en Portugal e Italia. Se os interesados/as teñen outros contactos poden recurrir a eles.
  5. O centro adianta o 80% da financiación concedida. No momento de volver, entregar a documentación e facer a enquisa final requerida polo SEPIE realizarase o pago do 20% restante. Pódense consultar a financiación por países no seguinte enlace: INFORMACIÓN FINANCEIRA.
  6. A continuación, especifícanse os criterios de selección de profesorado para participar nunha mobilidade Erasmus:
CRITERIOS DE SELECCIÓN PUNTOS
Estar colaborando co equipo Erasmus regularmente, según horario. 4
Ser titor/a de 2º Ciclo Medio ou FP Básica, ou ser Coordinador/a de FCT.
Ser membro do Equipo Directivo ou Xefe dun Departamento que imparta docencia en Ciclos Formativos ou FP Básica.
Coñecemento do idioma inglés, ou outros idiomas, acreditado cun certificado oficial.
 Impartir clases en Ciclo Medio ou FP Básica.
Ter destino definitivo no centro 1

Será seleccionado o profesorado que máis puntuación acade.

En caso de empate valorarase o nivel do certificado de idioma aportado e o número dos mesmos. De continuar o empate, procederase a un sorteo.

Os interesados/as deben cumprimentar a carta de solicitude e entregala en vicedirección antes do 31 de outubro: DESCARGAR CARTA DE SOLICITUDE

Distribuir contido