Bolsas, axudas e premios

FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. CUALE. CURSO 2024-2025

O vindeiro curso académico o IES Indalecio Pérez Tizón ofrecerá cursos de formación complementaria en Linguas estranxeiras (CUALE): francés, inglés e portugués. Trátase de cursos gratuítos e voluntarios, orientados a alumnado de 4º ESO, Ciclos Formativos e Bacharelato. No arquivo adxunto tedes dispoñible a folla de inscrición.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024. 

Prazo de solicitude: do 13/02/2024 ao 12/03/2024.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos  do bacharelato.

Para máis información consultade a seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

O luns 29 de abril iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

BOLSAS DO MEC CONVOCATORIA 2024

No arquivo adxunto podedes consultar o procedemento para soliciar as bolsas do Ministerio de Educaión para o curso 2024-2025. Para calquer dúbida consultade co Departamento de Orientación do centro.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2022-2023

O 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril. O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

No documento que se xunta tedes un resumo da convocatoria.

Podedes tamén  acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

BOLSAS E AXUDAS MEC PARA NIVEIS POSTOBRIGATORIOS

O vindeiro 27 de marzo ábrese o prazo para solicitar bolsas e axudas do Ministerio de Educación e Ciencia ao alumnado de niveis postobrigatorios. Tedes toda a información na seguinte ligazón

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2023.html

Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Publicada a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 31/01/2022).

Estas listaxes foron publicadas na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

Pode consultar as devanditas listaxes na páxina da consellería de educación ou na seguinte ligazón: LISTAXES PROVISIONAIS

Prazo de solicitude de bolsas do MECD

Recordámosvos que o 12 de maio de 2022 remata o prazo de presentación das solicitudes das Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias no vindeiro curso académico 2022/2023.

 

Distribuir contido