Novas
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25
Enviado por anonimo o Lun, 20/05/2024 - 11:16A partir do martes 21 de maio ábrese o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros de texto e material escolar, así como para participar no Fondo solidario de libros para o vindeiro curso 2024/25. O prazo está aberto do martes 21 de maio ata o venres 21 de xuño e os trámites presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora. Para máis información premer na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43218
PROBAS DE INGLÉS TRINITY
Enviado por anonimo o Mar, 07/05/2024 - 14:12
O pasado 14 e 16 de marzo celebráronse, un ano máis, no IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN as probas para acreditación da competencia lingüística nos niveis B1, B2 e C1 en Lingua Inglesa a través da empresa TRINITY.
O alumnado seleccionado tivo que demostrar as súas destrezas orais e escritas na lingua inglesa cunhas probas de comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita e expresión escrita.
Este programa financiado enteiramente pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades permitiu ao noso alumnado presentarse a ditas probas TRINITY de forma gratuíta.
Unha vez rematado o proceso de corrección das probas, damos os nosos PARABÉNS ao 80% dos alumnos que superaron as probas de forma satisfactoria e que xa poden acreditar cun Título Oficial de TRINITY a súa competencia en Lingua Inglesa.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
Enviado por Irene Mera o Lun, 29/04/2024 - 11:07O luns 29 de abril iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
BOLSAS DO MEC CONVOCATORIA 2024
Enviado por Irene Mera o Ven, 05/04/2024 - 10:03No arquivo adxunto podedes consultar o procedemento para soliciar as bolsas do Ministerio de Educaión para o curso 2024-2025. Para calquer dúbida consultade co Departamento de Orientación do centro.
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Enviado por Irene Mera o Ven, 01/03/2024 - 18:00Premendo no documento que se xunta pode consultar as vacantes do IES Indalecio Pérez Tizón para o curso 2024-2025.
QUE PASA DESPOIS DA ESO?
Enviado por Irene Mera o Lun, 18/12/2023 - 13:44O Departamento de Orientación elaborou uns recursos para explicar ao alumnado na aula as posibilidades e opcións que se lles abren unha vez rematen a ESO. Co fin de que poidades velas na casa e afondar xunto aos vosos fillos e fillas sobre o seu contido, deixámosvolas nas seguntes ligazóns para que as consultedes.
Se tedes dúbidas podedes comentalas con Sara, a nosa orientadora, que vos atenderá encantada.
Curso de capacitación dixital gratuito
Enviado por anonimo o Lun, 31/07/2023 - 14:06FORMACIÓN EN COMPETENCIA DIXITAL DO 11 DE SETEMBRO AO 9 DE NOVEMBRO. DOUS GRUPOS (GRUPO I: martes e mércores de 17 a 19 horas. GRUPO II: martes e xoves de 17 a 19 horas).
IX CONCURSO DE CARICATURAS DO IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN
Enviado por anonimo o Lun, 16/01/2023 - 14:24Animádevos a participar nesta nova edición do concurso de caricaturas organizado polo IES Indalecio Pérez Tizón e aberto a todo o noso alumnado. Clica na imaxe para acceder ás bases. O 13 de febreiro é o último día para entregar orixinais. Non deixedes pasar o prazo!
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS. CONVOCATORIA 2023
Enviado por anonimo o Lun, 09/01/2023 - 13:25Nas seguintes ligazóns podedes consultar toda a información publicada respecto da convocatoria 2023 das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior.