Outras actividades

PROBAS DE INGLÉS TRINITY

 

O pasado 14 e 16 de marzo celebráronse, un ano máis, no IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN as probas para acreditación da competencia lingüística nos niveis B1, B2 e C1 en Lingua Inglesa a través da empresa TRINITY.

 

O alumnado seleccionado tivo que demostrar as súas destrezas orais e escritas na lingua inglesa cunhas probas de comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita e expresión escrita.

 

Este programa financiado enteiramente pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades permitiu ao noso alumnado presentarse a ditas probas TRINITY de forma gratuíta.

 

Unha vez rematado o proceso de corrección das probas, damos os nosos PARABÉNS ao 80% dos alumnos que superaron as probas de forma satisfactoria e que xa poden acreditar cun Título Oficial de TRINITY a súa competencia en Lingua Inglesa.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Podedes consultar as bases do concurso premendo nesta LIGAZÓN

"A pouca fortuna", poema en conmemoración do 25N

O poema "A pouca fortuna" foi escrito polo alumnado de 4º PDC para participar con el no concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais convocado pola Secretaría xeral de igualdade e a Dirección xeral de ordenación e innovación educativa co motivo da conmemoración do 25N.  Se queres ver o video, prema na imaxe: 

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL E CONSUMO DE PORNOGRAFÍA

A Sede Afundación de Santiago de Compostela acollerá o próximo martes 12 de decembro  a intervención de  JOSÉ LUIS GARCÍA, sobre Educación sexual e consumo de pornografía que se emitirá tamén no canal Afundación TV ás 19:00 e que está específicamente orientada a profesorado e familias. José Luis García é doutor en Psicoloxía e especialista en sexoloxía, experto en condutas aditivas asociadas ao consumo de pornografía en menores. Podedes reservar a asistencia online á charla premendo AQUI
 
 
 
 

Presentación sobre diversidade

A nosa alumna Aroa Pérez Cabaleiro elaborou esta esclarecedora e fantástica presentación sobre a diversidade afectivo-sexual como parte do seu traballo da materia de Comentario de texto de 2º Bacharelato.  Nesta presentación aclara moitos termos que a miudo son confundidos ou descoñecidos pola maioría de nós, e, como se trata dun traballo tan interesante, propoñémovos a todos/as que lle botedes un ollo e que o empreguedes como parte de material didáctico para titorías:

 

Distribuir contido