Prazos, calendarios e convocatorias

CONVOCADAS AS PROBAS DE ADMISIÓN AO INEFG

Convocatoria das probas específicas de acceso aos estudos de grado en Ciencias da actividade física e do deporte, da facultade de Ciencias do deporte e da educación física da Universidade de A Coruña (UDC) para o curso acedémico 2024-2025.

Información sobre a convocatoria e a inscrición nas probas de admisión NESTA LIGAZÓN.

 

 

CALENDARIO DE EXAMES DOS MÓDULOS PENDENTES DE CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2023 - 2024

Publícase o calendario de exames correspondente aos módulos pendentes dos ciclos formativos, curso 2023 - 2024.Podedes consultalo no documento adxunto.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Pode consultar o Manual de Usuario para Familias

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES CURSO 2023-2024

Publicado o calendario coas datas dos exames  das materias pendentes da ESO, do Bacharelato e de FP Básica.

 

COMEZO DAS CLASES CURSO 2023- 2024

O luns 11 de setembro darán comezo as clases do curso escolar 2023 - 2024 para todos os grupos e niveis. Podedes consultar os horarios de entradas e saídas NESTA LIGAZÓN.

A primeira hora da xornada lectiva do día 11 cada profesor/a titor/a fará chamamento do alumnado do seu grupo, para acompañalos á súa aula de referencia e facilitarlles o horario.

O transporte escolar funcionará no seu horario habitual.

NOVO HORARIO DOS CICLOS DE COMERCIO CURSO 2023-2024

O CICLO MEDIO DE ACTIVIDADES COMERCIAIS e o CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN DE VENDAS desenvolverase neste curso 2023 - 2024 nun novo horario de XORNADA CONTINUADA:

Luns       De 8:45 a 16:25
Martes, mércores, xoves e venres       De 8:45 a 15:15

PROBAS LIBRES. CONVOCATORIA SETEMBRO 2023

Nesta LIGAZÓN así como no documento que se xunta pódense consultar as instrucións para a celebración das probas libres para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria que terán lugar o 1 de setembro no IES Indalecio Pérez Tizón.

CALENDARIO CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º BACHARELATO E 1º FP BÁSICA. CURSO 2022-2023

Xúntanse calendarios coas datas e horario dos exames da convocatoria extraordinaria de

- 1º DE BACHARELATO (preme sobre o curso para acceder a información)

- 1º DE FP BÁSICA (preme sobre o curso para acceder a información).

PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 

PRAZOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

NO CURSO  2023 - 2024

ESO - BACHARELATO - FP BÁSICA - CICLOS FORMATIVOS

 

IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN

 

Preme nesta ligazón ou  no documento que se xunta para coñecer os prazos e a documentación que necesitas para matricularte o vindeiro curso.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2022-2023

O 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril. O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

No documento que se xunta tedes un resumo da convocatoria.

Podedes tamén  acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Distribuir contido