Prazos, calendarios e convocatorias

PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 

PRAZOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

NO CURSO  2023 - 2024

ESO - BACHARELATO - FP BÁSICA - CICLOS FORMATIVOS

 

IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN

 

Preme nesta ligazón ou  no documento que se xunta para coñecer os prazos e a documentación que necesitas para matricularte o vindeiro curso.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2022-2023

O 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril. O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

No documento que se xunta tedes un resumo da convocatoria.

Podedes tamén  acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

CALENDARIO DE EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º DE BACHARELATO. CURSO 2022-2023

Xúntase calendario coas datas e horas dos exames da convocatoria extraordinaria do curso 2022-2023 para 2º de bacharelato. Podedes visualizalo tamén premendo nesta LIGAZÓN

PROBAS LIBRES 2023

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DO GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA. 2023

Preme na seguinte LIGAZÓN ou no adxunto para coñecer as datas, horarios e normas que rexen as Probas Libres para a obtención do graduado na ESO.

CALENDARIO DE MATERIAS E MÓDULOS PENDENTES.

Preme nas seguintes ligazóns para acceder aos calendarios coas datas oficiais dos exames de materias e módulos pendentes para o curso 2022 - 2023.

 

CALENDARIO EXAMES DE MATERIAS PENDENTES ESO E BACHARELATO. 2022/23

CALENDARIO EXAMES DE MÓDULOS PENDENTES CICLOS FORMATIVOS. 2022/23

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS PARA A ESO E O BACHARELATO

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO (DOG Nº 65, 03/04/2023). Prazo de solicitude: do 26 de abril ao 25 de maio

PREMIO EXTRAORDINARIO DA ESO (DOG Nº 72, 14/04/2023). Prazo de solicitude: do 31 de maio ao 30 de xuño.

 

Tanto as solicitudes como o resto de información relativa a estas convocatorias a podedes consultar na aplicación informática Premiosedu.

 

DATA E HORA PARA A DEFENSA DO PROXECTO DO CICLO SUPERIOR DE COMERCIO

DEFENSA PROXECTO CICLO SUPERIOR DE COMERCIO 

 

DATA

Xoves 15 de xuño de 2023

HORA

 08:45 am

PROXECTO

CICLO SUPERIOR XESTIÓN VENDAS

CALENDARIO DE MATERIAS PENDENTES PARA ESO E BACHARELATO

Publícase o documento co calendario de exames das materias pendentes da ESO e de Bacharelato.

ABAU 2023: DATAS E HORARIOS DAS PROBAS E CHAMAMENTOS DE MATRÍCULA NO SUG

A CIUG publicou as datas e horarios das probas ABAU 2023 e os prazos dos chamamentos de matrícula nas universidades do SUG. Podedes acceder a toda a información na web da CIUG (https://www.ciug.gal/gal) e nos seguintes recadros:

 

DATAS E HORARIOS PROBAS ABAU 2023

 

PRAZOS DOS CHAMAMENTOS DE MATRÍCULA NO SUG 2023
Distribuir contido