Prazos, calendarios e convocatorias

Calendario de probas de materias pendentes. Curso 21-22

Achégase o calendario final de probas para recuperar a materia pendente de cursos anteriores do ano académico 2021-2022:

CALENDARIO DE PENDENTES

Instrucións fondo de libros. Curso 22-23

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022.

INSTRUCIÓNS FONDO DE LIBROS DE TEXTO 22-23

 

Prazo de solicitude de bolsas do MECD

Recordámosvos que o 12 de maio de 2022 remata o prazo de presentación das solicitudes das Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias no vindeiro curso académico 2022/2023.

 

ABAU 2022

Xa tedes na web publicada a Convocatoria, instrucións, impreso e taxas de matrícula para as ABAU 2022.

Convocatoria de matricula ABAU 2022

Convocatoria de matricula ABAU 2022
anexo I (Lerds)
anexo II (Comisións Delegadas)

Matrícula ABAU Bacharelato

Instrucións Bacharelato
Impreso matrícula Bacharelato
Impreso taxas

Calendario de pendentes

Publícase o calendario das probas de recuperación final de materias pendentes para o curso 21-22:

CALENDARIO PENDENTES ESO E BACHARELATO
CALENDARIO PENDENTES CICLOS FORMATIVOS

Convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato

Publicada na páxina web da Consellería de Educación a convocatoria para os premios extraordinarios de Bacharelato para o curso 21-22. Consulten a información na ligazón que figura a continuación:

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINADIOS BACHARELATO

CURSO 21-22

Calendario de reclamacións 2º Bacharelato

Achégase o calendario de reclamacións de 2º Bacharelato para o curso 21-22. 

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS DE 2º BAC 21-22

Convocatoria probas libres obtención da ESO

Xa está publicada na páxina da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a convocatoria para realizar as probas libres para a obtención da ESO para maiores de 18 anos. Acceda a toda información nas seguintes ligazóns:

RESOLUCIÓN

ANEXOS E SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

INFORMACIÓN XERAL 
CRONOGRAMA

 

Condicións das persoas aspirantes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2021-2022 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2021-2022 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.

4.2. As persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

 

Forma, lugar e prazos de presentación

1. Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos centros figuran no punto 3 desta convocatoria da disposición segunda.

 

Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias, de acordo co establecido no punto 2 da epígrafe décimo terceira desta resolución, só no caso de aspirantes que os superasen nun centro distinto ao que realizan a inscrición.

b) Copia, se procede, da certificación académica de ámbitos ou materias superados, de acordo coas especificacións establecidas nos puntos 3 e 4 da epígrafe décimo terceira desta resolución.

c) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.

d) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

 

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 3 da epígrafe 2 desta resolución ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal. 

 

Realización das probas

1. As probas constarán de tres partes, correspondentes aos tres ámbitos en que se organizan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para as persoas adultas e os seus contidos terán como referente curricular os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables establecidos para cada un dos ámbitos de coñecemento .

2. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 20 de maio e 2 de setembro de 2022 para as respectivas convocatorias.

3. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física. Na segunda parte, das 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

Na sesión da tarde, das 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

a) Lingua Galega e Literatura.

a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

a.2) Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

b) Lingua Castelá e Literatura.

b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua Galega e Literatura.

b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).

 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Convocatoria 2022

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

Para máis información, achéganse os seguintes documentos. Tamén se pode consultar a aplicación FP da Consellería de Educación.

  1. Orde do 17 de decembro pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo e se convocan para o ano 2022.
  2. Información probas de acceso ao grao medio 2022.
  3. Información probas de acceso ao grao superior 2022.
  4. Calendario probas de acceso a ciclos 2022.
Distribuir contido