FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. CUALE. CURSO 2024-2025

O vindeiro curso académico o IES Indalecio Pérez Tizón ofrecerá cursos de formación complementaria en Linguas estranxeiras (CUALE): francés, inglés e portugués. Trátase de cursos gratuítos e voluntarios, orientados a alumnado de 4º ESO, Ciclos Formativos e Bacharelato. No arquivo adxunto tedes dispoñible a folla de inscrición.

PROBAS DE INGLÉS TRINITY

 

O pasado 14 e 16 de marzo celebráronse, un ano máis, no IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN as probas para acreditación da competencia lingüística nos niveis B1, B2 e C1 en Lingua Inglesa a través da empresa TRINITY.

 

O alumnado seleccionado tivo que demostrar as súas destrezas orais e escritas na lingua inglesa cunhas probas de comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita e expresión escrita.

 

Este programa financiado enteiramente pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades permitiu ao noso alumnado presentarse a ditas probas TRINITY de forma gratuíta.

 

Unha vez rematado o proceso de corrección das probas, damos os nosos PARABÉNS ao 80% dos alumnos que superaron as probas de forma satisfactoria e que xa poden acreditar cun Título Oficial de TRINITY a súa competencia en Lingua Inglesa.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024. 

Prazo de solicitude: do 13/02/2024 ao 12/03/2024.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos  do bacharelato.

Para máis información consultade a seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

O luns 29 de abril iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

BOLSAS DO MEC CONVOCATORIA 2024

No arquivo adxunto podedes consultar o procedemento para soliciar as bolsas do Ministerio de Educaión para o curso 2024-2025. Para calquer dúbida consultade co Departamento de Orientación do centro.

PROBA ABAU E ACCESO A UNIVERSIDADE

Clicando NESTA LIGAZÓN podedes acceder á información sobre a proba ABAU e o proceso de acceso á Universidade.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Premendo no documento que se xunta pode consultar as vacantes do IES Indalecio Pérez Tizón para o curso 2024-2025.

CONVOCADAS AS PROBAS DE ADMISIÓN AO INEFG

Convocatoria das probas específicas de acceso aos estudos de grado en Ciencias da actividade física e do deporte, da facultade de Ciencias do deporte e da educación física da Universidade de A Coruña (UDC) para o curso acedémico 2024-2025.

Información sobre a convocatoria e a inscrición nas probas de admisión NESTA LIGAZÓN.

 

 

Distribuir contido