BOLSAS E AXUDAS MEC PARA NIVEIS POSTOBRIGATORIOS

O vindeiro 27 de marzo ábrese o prazo para solicitar bolsas e axudas do Ministerio de Educación e Ciencia ao alumnado de niveis postobrigatorios. Tedes toda a información na seguinte ligazón

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2023.html

ABAU 2023: DATAS E HORARIOS DAS PROBAS E CHAMAMENTOS DE MATRÍCULA NO SUG

A CIUG publicou as datas e horarios das probas ABAU 2023 e os prazos dos chamamentos de matrícula nas universidades do SUG. Podedes acceder a toda a información na web da CIUG (https://www.ciug.gal/gal) e nos seguintes recadros:

 

DATAS E HORARIOS PROBAS ABAU 2023

 

PRAZOS DOS CHAMAMENTOS DE MATRÍCULA NO SUG 2023

INSTRUCIÓN PARA O PROCEDEMENTO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS. CURSO 2022-2023

Publicada a  Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023. 

Tedes toda a informaciójn no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39360

XORNADAS DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS E DOCENTES. NUTRICIÓN E DIETÉTICA

 

*Acceso libre ata completar aforo

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS. CONVOCATORIA 2023

Nas seguintes ligazóns podedes consultar toda a información publicada respecto da convocatoria 2023 das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior.

 

Enquisa biblioteca

Dende a biblioteca Aloia gustaríanos coñecer a opinión da nosa comunidade educativa sobre o funcionamento da biblioteca. Por este motivo convidamos a todos os sectores (alumnado, profesorado e familias) a cubrir unha enquisa para avaliar o funcionamento deste servizo. Para acceder á enquisa, podedes facer clic nesta ligazón ou escanear o código QR que aparece máis abaixo. Queremos animarvos a todos a participar, xa que a vosa opinión é importante para nós, porque nos fará mellorar. O prazo para cubrir a enquisa remata o domingo 4 de xuño (incluído).

Organigrama do IES Indalecio Pérez Tizón

S INDALECIO PÉREZ TIZÓN
Organigrama do IES Indalecio Pérez Tizón

Imaxes e audio do intercambio entre o Indalecio e Vila Real

Como xa sabedes, este ano o profesorado de portugués do Departamento de Lingua Galega e Literatura desenvolveu un intercambio entre o noso alumnado e o Colégio Camilo Castelo Branco de Vila Real. Premede na imaxe que vén a continuación para ver as imaxes do evento: 

FOTOGRAFÍAS DO INTERCAMBIO

 A través desta outra ligazón poderedes escoitar a explicación desta actividade na radio:

O INTERCAMBIO CON VILA REAL NA RADIO

 

Prazo de solicitude de bolsas do MECD

Recordámosvos que o 12 de maio de 2022 remata o prazo de presentación das solicitudes das Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias no vindeiro curso académico 2022/2023.

 

Distribuir contido