Orientación

QUE PASA DESPOIS DA ESO?

O Departamento de Orientación elaborou uns recursos para explicar ao alumnado na aula as posibilidades e opcións que se lles abren unha vez rematen a ESO. Co fin de que poidades velas na casa e afondar xunto aos vosos fillos e fillas sobre o seu contido, deixámosvolas nas seguntes ligazóns para que as consultedes.

 

 

Se tedes dúbidas podedes comentalas con Sara, a nosa orientadora, que vos atenderá encantada.

Iñaki Zubizarreta, un supervivinte do acoso escolar

Iñaki Zubizarreta, ex-xugador de baloncesto, conta neste vídeo a súa terrible experiencia na escola, relatando como pensou incluso no suicidio polo maltrato constante ao que foi sometido polos seus compañeiros/as e profesores/as. Non vos perdades a súa testemuña e a lección que cabe extraer dela: hai que loitar contra o acoso escolar, do que son responsables os que o cometen e os que o permiten:

 

Elaboración da pócima "Convivamus"

O equipo directivo, o equipo de Convivencia e o departamento de Orientación convídavos a participar na elaboración da pócima "Convivamus". Se tes algún problema con algún compañeiro/a, colle unha papeleta (que atoparás na mesana da cheminea), cúbrea e bótaa no caldeiro.

 

 

Charla sobre orientación universitaria

O xoves 13 de maio virá un grupo de antigos/as alumnos/as para impartir unha charla informativa para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as carreiras universitarias que están a cursar na actualidade. Dende o centro queremos agradecer moitísimo a colaboración e boa disposición dos nosos antigos/as alumnos/as, que sempre serán máis que benvidos/as no noso instituto.

Día contra a Violencia de Xénero: No es normal

Recomendamos esta interesante curtametraxe, chamada "No es normal", para o alumnado de 1º e 2º da ESO.

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CURSO 2021-2022

 

PROFESOR/A HORA DE ATENCIÓN A PAIS CORREO ELECTRÓNICO

MANUELA ÁLVAREZ

XEFA DE DEPARTAMENTO

VENRES, 8:45 a 9:35 orientate.vigo@gmail.com
SORAYA FERREIRA ÁLVAREZ MÉRCORES, 9:35 a 10:25 sorayaferreiraalvarez@edu.xunta.es
Distribuir contido