Biblioteca

biblioteca

Enquisa biblioteca

Dende a biblioteca Aloia gustaríanos coñecer a opinión da nosa comunidade educativa sobre o funcionamento da biblioteca. Por este motivo convidamos a todos os sectores (alumnado, profesorado e familias) a cubrir unha enquisa para avaliar o funcionamento deste servizo. Para acceder á enquisa, podedes facer clic nesta ligazón ou escanear o código QR que aparece máis abaixo. Queremos animarvos a todos a participar, xa que a vosa opinión é importante para nós, porque nos fará mellorar. O prazo para cubrir a enquisa remata o domingo 4 de xuño (incluído).

Concurso Que sabes das Letras?

O equipo de Biblioteca convídanos a participar neste concurso para conmemorar o Día das Letras Galegas que, como sabedes, festexamos o 17 de maio. Premede o seguinte enlace ou mirade o blog da biblioteca Aloia onde está toda a información:

CONCURSO QUE SABES DAS LETRAS?

 

Novidades de biblioteca e calendario hora de ler para o terceiro trimestre.

As bibliotecas escolares acaban de poñer á nosa disposición unha plataforma de libros dixitais á que temos acceso tanto o profesorado como o alumnado. Para poder facer uso dela necesitades unhas credenciais que vos facilitaremos dende o equipo de biblioteca. Se vos interesa,  poñédevos en contacto con nós e por favor pasade esta información ás vosas titorías. Deixo aquí o enlace por se lle queredes botar unha ollada (e-elbe 2).


O calendario para a hora de ler correspondente á terceira avaliación xa está preparado  Como novidade, por fin recuperamos a biblioteca como espazo para realizar esta actividade.  

 

HORA DE LER. CALENDARIO 3º TRIMESTRE

Actividades Biblioteca: Mes do libro

A ligazón que figura a continuación conduce á información das actividades propostas polo noso equipo de Biblioteca para festexar este mes do libro:

Actividades 8M

O equipo de biblioteca do IES Indalecio Pérez Tizón elaborou este material para traballar ao longo desta semana e así festexar o Día Internacional da Muller:

 

Día de Rosalía

Para festexar o día de Rosalía de Castro, o equipo de Biblioteca e o equipo de Normalización e Dinamización Linüística convíndanvos a participar nestes novos concursos. Animádevos a participar!!

Obradoiro de Nadal na Biblioteca

O equipo de Biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística organizan un obradoiro de creación de adornos de Nadal o xoves 16 de decembro nos recreos. Achegádevos á Biblioteca e animádevos a participar nesta actividade!!

OBRADOIRO DE NADAL

 

 

Club de Manga do Xerfas

Entrega de premios: Samaín 2021

Primeiras actividades da nosa Biblioteca.

 
Distribuir contido