Charlas formativas sobre educación
Enviado por anonimo o Mér, 27/04/2022 - 10:39As ANPA de Tui convidan a familias e docentes do IES Indalecio Pérez Tizón a participar nestas sesións formativas sobre tres temas distintos relacionados coa educación: saúde mental na adolescencia, técnicas de estudo e deberes e o enfoque restaurativo na disciplina educativa. No cartel que figura a continuación móstrase o lugar, día e horario de realización destas xornadas educativas.
Bolsa de estudos 22-23
Enviado por anonimo o Mar, 26/04/2022 - 11:24Novidades de biblioteca e calendario hora de ler para o terceiro trimestre.
Enviado por anonimo o Ven, 22/04/2022 - 12:32As bibliotecas escolares acaban de poñer á nosa disposición unha plataforma de libros dixitais á que temos acceso tanto o profesorado como o alumnado. Para poder facer uso dela necesitades unhas credenciais que vos facilitaremos dende o equipo de biblioteca. Se vos interesa, poñédevos en contacto con nós e por favor pasade esta información ás vosas titorías. Deixo aquí o enlace por se lle queredes botar unha ollada (e-elbe 2).
O calendario para a hora de ler correspondente á terceira avaliación xa está preparado Como novidade, por fin recuperamos a biblioteca como espazo para realizar esta actividade.
Visita a Rianxo e Vilanova de Arousa
Enviado por anonimo o Ven, 22/04/2022 - 12:19O pasado 20 de abril o noso alumnado de 4º ESO foi a Rianxo e Vilanova de Arousa. Entre outras cousas, fixeron a rota dos escritores rianxeiros e visitaron a casa-museo de Valle Inclán. Pódense ver as fotos do evento pinchando na imaxe que figura a continuación:
Novas directrices sobre o uso da máscara da Consellería de Educación
Enviado por anonimo o Ven, 22/04/2022 - 10:43Onte , 21 de abril de 2022, a consellería de Educación publicou na súa páxina web as novas directrices do uso da máscara nos espazos educativos, dacordo co estipulado no Real Decreto 286/2022 do 19 de abril . Aínda que é posible retirar as máscaras nos espazos interiores, esta segue a ser obrigatoria dentro do transporte escolar e dende a Consellería recomendan manter a máscara dentro das aulas. Consulten a información na seguinte ligazón:
Obradoiros igualdade
Enviado por anonimo o Mér, 20/04/2022 - 11:04A inicios do mes de abril do presente curso académico, o noso alumnado de ESO, Bacharelato e 2º FP Básica participou nunha serie de obradoiros de igualdade, de diversas temáticas: relacións tóxicas, violencia de xénero, mitos do amor romántico e amor propio. Para isto foi imprescindible a cooperación do concello de Tui, particularmente a concellería de igualdade, a quen lle estamos moi agradecidos/as por faciltarmos estes obradoiros.
CONCRECIÓN CURRICULAR 2022 IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN
Enviado por anonimo o Ven, 08/04/2022 - 10:56Publícase á adaptación da concreción do currículo do IES Indalecio Pérez Tizón, segundo a Orde do 8 de outubro de 2021, 25 de xaneiro de 2022 e o Real Decreto 984/2021 do 16 de novembro.
CONCRECIÓN CURRICULAR 2022 |
Novo prazo de solicitude de becas
Enviado por anonimo o Mér, 06/04/2022 - 20:14O novo prazo da convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios abriu hoxe 30/03/2022 e estará aberto ata o 12/05/2022.
É importante que os alumnos pidan a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde nin si van seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 22/23 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderán acceder de novo á solicitude para modificalos).
Os alumnos/as de ESO que teñan intención ou sexan candidatos/as a cursar FP Básica no curso 22/23 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.
Programa Primavera Xove
Enviado por anonimo o Mar, 05/04/2022 - 13:26Dende Xefatura Territorial estase a informar sobre o programa Primavera Xove 2022 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
O Programa Primavera Xove inclúe estancias de Semana Santa e fins de semana en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. Consulten a información na seguinte ligazón:
PRIMAVERA XOVE 2022 |
Obradoiros de Igualdade: concello de Tui
Enviado por anonimo o Ven, 01/04/2022 - 11:51O noso alumnado de ESO, Bacharelato e 2º FP Básica participará en disitinos obradoiros facilitados polo concello de Tui sobre igualdade.
Hoxe, 1 de abril, os alumnos/as de 1º ESO inician este ciclo de obradoiros nun taller sobre relacións tóxicas. Estes obradoiros continúan o luns 4 (En busca do amor propio) e martes 5 de abril (Mitos do amor romántico) para o alumnado de 3º, 4º ESO, 2º FP Básica e 1º Bacharelato, e péchanse o 6 de abril cunha charla final para 1º e 2º ESO: Violencia de xénero. Unha historia real.
Agradecemos enormemente ao concello de Tui a posiblidade de participar nestes obradoiros, especialmente, á Concellería de Igualdade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »