Convocatoria de dúas mobilidades Erasmus para profesorado e criterios de selección.

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PARA PROFESORADO

  1. Convócanse dúas prazas para realizar unha mobilidade Erasmus ao estranxeiro.
  2. As dúas mobilidades son de Job Shadowing: trátase dun periodo de formación en empresas ou centros formativos.
  3. A duración das mobilidades será de cinco días naturais (de luns a venres) e dous días de viaxe.
  4. O instituto ten contactos en Portugal e Italia. Se os interesados/as teñen outros contactos poden recurrir a eles.
  5. O centro adianta o 80% da financiación concedida. No momento de volver, entregar a documentación e facer a enquisa final requerida polo SEPIE realizarase o pago do 20% restante. Pódense consultar a financiación por países no seguinte enlace: INFORMACIÓN FINANCEIRA.
  6. A continuación, especifícanse os criterios de selección de profesorado para participar nunha mobilidade Erasmus:
CRITERIOS DE SELECCIÓN PUNTOS
Estar colaborando co equipo Erasmus regularmente, según horario. 4
Ser titor/a de 2º Ciclo Medio ou FP Básica, ou ser Coordinador/a de FCT.
Ser membro do Equipo Directivo ou Xefe dun Departamento que imparta docencia en Ciclos Formativos ou FP Básica.
Coñecemento do idioma inglés, ou outros idiomas, acreditado cun certificado oficial.
 Impartir clases en Ciclo Medio ou FP Básica.
Ter destino definitivo no centro 1

Será seleccionado o profesorado que máis puntuación acade.

En caso de empate valorarase o nivel do certificado de idioma aportado e o número dos mesmos. De continuar o empate, procederase a un sorteo.

Os interesados/as deben cumprimentar a carta de solicitude e entregala en vicedirección antes do 31 de outubro: DESCARGAR CARTA DE SOLICITUDE

AdxuntoTamaño
CARTA DE SOLICITUDE DE MOBILIDADE ERASMUS.pdf159.33 KB