Novas MeGaBiblio

Logo Biblioteca

O logotipo da biblioteca MGB é unha invitación a “engancharse” á lectura. Representa a afección aos libros e o pracer que estes aportan a quen os le. Foi creado por Óscar Pintor Gil, alumno de 4º de ESO, gañador do concurso promovido desde a Biblioteca en colaboración con Xoán Xosé Pérez Viéitez, profesor de Educación Plástica e Visual.

Logo_biblio_mini

"FERVE" A BIBLIOTECA DO MGB

E así é, pois convocan un concurso, PASAPALABRA, publican o seu boletín nº 1, e ademáis repartirán marcadores e carnets de lector co motivo do día das bibliotecas (24 de outubro).

PASANDO PÁXINAS

A biblioteca do MGB pon en funcionamento o blog "Pasandopaxinas" co obxectivo de achegarse a toda a comunidade educativa e facela partícipe das actividades que se poñan en marcha. E comeza ademais coa convocatoria dun concurso de microrelatos "Le, Matina, Relé". Faille unha visita! (e deixa un comentario...)

BIBLIOTECA DO M.G.B.

 

 

 O bibliotecario de Arcimboldo A biblioteca do MGB e un servizo para todos os integrantes da comunidade educativa do IES Manuel García Barros.
  "O bibliotecario", Giuseppe Archimboldo  

DOCUMENTOS DA ACTIVIDADE DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Actividade de formación de usuarios: "Visita á biblioteca"

Contidos:

  • Revisión dos servizos e normas da biblioteca.
  • Organización dos documentos na biblioteca.
  • Clasificación Decimal Universal; sinatura.

Desenvolvemento da actividade:

  • ¿Onde están os libros?.
Ó alumnado, distribuído en grupos de 5 persoas, pregúntaselle se poderían atopar rapidamente determinada información entre os documentos da biblioteca. O obxectivo é a toma de conciencia da necesidade de coñecer a organización espacial da biblioteca.
Unha vez conseguido isto faise un rápido percorrido polas diferentes seccións, identificando cada unha delas, e recolleremos libros dalgunhas materias para levalos á mesa. Seleccionaranse do seguinte xeito.
  • Este libro leva unha cousiña pegada: Sinatura, elementos, funcións.
Cos libros que se traen ás mesas, fixámonos na sinatura do lombo e establecemos un torbellino de ideas acerca do seu significado e función, en primeiro lugar, dos números e progresivamente das letras maiúsculas e das minúsculas. Para axudar ó alumnado neste proceso inductivo, os libros das mesas reunirán as diferentes materias englobadas na primeira clase. Por exemplo, na mesa 1 haberá un libro de Xeografía; na mesa dúas, un de Biografías; na mesa tres, un de Historia xeral; na mesa catro, un de Historia de España; e na mesa cinco, un de Historia de Galicia. Deste xeito, daranse conta de que non chega con poñer un número, senón que precisamos un segundo, un terceiro número, etc.

Grupo 1

Grupo 2

Grupo 3

Grupo 4

Grupo 5

Xeografía

Biografías

Historia xeral

Historia de España

Historia de Galicia

Feito isto, explícanse as diferentes clases da CDU.

  • Atoparán Sinaturas de libros de diferentes materias e terán que escribir a que materia corresponde empregando o caderno da CDU; despois terán que buscar algúns dos "libros misteriosos" e levalos á mesa para comprobar os datos dos elementos que compoñen a sinatura.
Material: planilla de sinaturas para cada grupo.
  • Localización dos libros nas estanterías e resolución das cuestións que se plantexan.
Material: unha folla de sinaturas que inclúe unha cuestión a resolver cando atopen o libro.
  • Colocación dos libros na estantería e no lugar correspondente. Cada alumno/a colocará un libro.

DOCUMENTOS EN *.pdf.

CDU

ACTIVIDADES CDU

ACTIVIDADE DE SINATURA E PREGUNTAS

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA DO MGB

Con motivo do Día das Bibliotecas (24 de outubro) o IES Manuel García Barros porá en marcha durante a semana do 22 ao 26 unha actividade de formación de usuarios dirixida especialmente ao alumnado de 1º de ESO que se realizará integramente na biblioteca do noso centro.

Distribuir contido