Novas MeGaBiblio

Vídeo día das Letras Galegas 2016

O seguinte vídeo, con poemas de Manuel María, foi elaborado de forma conxunta polos 3 IES da Estrada.

Devolución dos libros da MeGaBiblioteca

Cervantes e de Shakespeare

Para celebrar o Día do Libro, a MeGaBiblioteca preparou unha selección de textos e outra de viñetas sobre a obra de Cervantes e de Shakespeare.

Ademais o venres 22 no segundo recreo teremos o Gran concurso d'O rosco de Miguel e William.

Apúntate na biblioteca para participàr. Xógase por equipos de catro persoas. Haberá premio para o equipo gañador.

Os xoves fóra da aula

O xoves 21 de abril comeza "Os xoves fóra da aula". Nos segundos recreos dos xoves poderemos presenciar algunhas actividades desenvolvidas nas aulas. Este xoves o alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato mostrará minirrepresentacións (unhas en vídeo e outras en directo) sobre escritoras anteriores ao século XVIII, realizadas por eles na aula baixo a coordinación de Chelo Vázquez.

Ampliado o prazo do concurso de Fotografía "Rosalía"

Amplíase o prazo para a entrega dos traballos presentados ao concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada", que agora será o luns 7 marzo.

Hora de ler (luns 6ª h.) e concursos da MeGaBiblioteca

Recordámovos que o luns, 22 de febreiro, a 6ª hora, teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Aproveitamos para anunciar que o prazo de concurso "Dando o do de peito" ampliouse ata o venres 26 de febreiro e que o do concurso de fotografía "Rosalía" remata o mércores 24.
Hora de ler 22-02-2016.png

Dando o "do de peito". Ópera en San Valentín

A MeGaBiblioteca, para conmemorar o día de san Valentín, propón unha actividade sobre a Ópera, en concreto óperas que tratan o tema do amor. 

  • No corredor da biblioteca tedes exposta a primeira parte da actividade, unha presentación con parte dos textos de 7 arias moi coñecidas e uns códigos QR; escaneando estes códigos cun móbil accédese a vídeos nos que se pode ver e escoitar esas arias. 
  • A segunda parte da actividade é un cuestionario que os alumnos poden cubrir individualmente ou en grupo con diferentes preguntas sobre as óperas ás que pertencen esas arias, películas ou anuncios nas que aparecen, así como cantantes e teatros de ópera famosos. 

data límite para entregar os cuestionarios é o vindeiro venres 19 de febreiro. Podes consultar todo o material que temos na Biblio na CDU 78 (Música). Entre outros libros atoparás este: A Ópera e a súa historia, do que fixemous unha reseña hai uns meses.

Podes descargar o cuestionario dende aquí.

Concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada"

As bibliotecas escolares dos 3 institutos da Estrada convocan o concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada" para homenaxear á poetisa o mércores 24 de febreiro.

As bases do concurso podes lelas neste documento.
Haberá 3 premios, 1 por categoría (1º Ciclo ESO / 2º Ciclo ESO / Bacherato-Ciclos superiores FP-Educación Adultos)
8748734438_ec08499fc6_o.png

Premios na MeGaBiblioteca

O pasado venres no 2º recreo tivo lugar a entrega de premios do "Lector do mes" e "O luns da problemas", actividades organizadas pola MeGaBiblioteca. Os gañadores foron os seguintes:

  • Lector do mes: Guaire Fernández
  • O luns da problemas: Diego Valcárcel
24660574381_a6620bc7fc.jpg

Funny English Time

O alumnado de 2º de ESO elaborou na clase de Inglés unha serie de cadernos de vocabulario. Unha selección deles está exposta dende onte na nosa Biblioteca. Animádevos a visitala!

Inglés 2.jpg

Gañadores de "O luns da problemas"

Os gañadores de O luns dá problemas e O lector do mes recibirán o agasallo o venres 29 de xaneiro no 2º recreo na biblioteca. Descubre quen son os premiados...

MeGaBiblioteca recoñece os alumnos que participaron nos dous concursos. Se queres, ti tamén podes participar na seguinte convocatoria; mira as bases ou pregunta na biblio. Ti podes ser o seguinte gañador/a.

Obradoiro de escritura antiga sobre papiro na MeGaBiblioteca

Os alumnos de Grego de 1º de BAC realizarán mañá venres a 2ª hora e no 1º recreo, un obradoiro de escritura en grego antigo sobre papiro, empregando textos de Homero e a poetisa Safo. Se estades interesados podedes pasar no recreo a ver o resultado.

Captura de pantalla 2015-12-17 18.44.04.png

Premio para o proxecto "Axencia literaria"

O proxecto "Axencia literaria", realizado polos alumnos de Lingua Castelá e Literatura de 4º da ESO (curso 2014-2015) e coordenado pola profesora Mayte Leis, vén de ser premiado no II Concurso de Traballos por Proxectos, que convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (resolución da Consellería)
Os premiados reuníronse onte na biblioteca, colaboradora no proxecto, para celebrar a noticia. Podedes ver todas as fotos neste álbum.

10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.

Dende a biblioteca preparamos dúas presentacións sobre os artigos referidos ao Dereito á educación e sobre os albinos que sufren a violación de varios dos seus dereitos; podes velas nos corredores ou nestes ligazóns:
Tes esta folla para cubrir con cuestións sobre a exposición: ponlle o nome e entrégalla ao teu profe.
Captura de pantalla 2015-12-10 09.55.58.png

Mañá venres, hora de ler a 3ª hora!

Recordámovos que mañá venres 27 de novembro a 3ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Distribuir contido