Novas MeGaBiblio

Charla martes 2 de abril de 12.45 a 14.25. "Invisibles: mulleres represaliadas na Guerra Civil", por Montse Fajardo

Mañá martes martes 2 de abril, nas dúas últimas horas (de 12.45 a 14.25), terá lugar na sala de usos múltiples unha charla impartida por Montse Fajardo que leva por título "Invisibles: mulleres represaliadas na Guerra Civil".

Asistirán 4º ESO A, 4º ESO C e 3º PMAR.

Todo o profesorado que desexe acudir esá invitado.

Exposición sobre a "Guerra Civil" na MeGaBiblioteca

O día 1 de abril cúmprense os 80 anos do final da Guerra Civil, na biblioteca temos unha exposición de materiais  sobre a temática para axudar ao profesorado que desexe traballar sobre ese tema esta semana.

 

militantes-guerra-civil-660x330.jpg

Reto Lector, venres 15 de marzo

Como cada día 15, ven mañá venres a cuñar o teu carné do reto lector e leva a seguinte proposta!

Agardámoste o venres 15 no 2º recreo.

Captura de pantalla 2019-03-14 a las 8.39.47.png

Programa especial de nutrición literaria (xoves 2º recreo)

Os xoves no 2º recreo ven disfrutar do programa especial de nutrición literaria. Le, recita, declama en voz alta un poema propio ou alleo e comprobarás como alimenta o espíritu.

Comeza este xoves 14 de marzo. Estamos a celebrar o Día da poesía, o 21 de marzo .

Día da muller. Charla e documental.

Hoxe, 12 de marzo, para conmemorar o Día da Muller, as bibliotecas escolares dos tres IES da Estrada organizamos, no auditorio da AGASP, dúas actividades:

  • Charla de Aurora Marco para 4º de ESO e 1º de Bacharelato de 10.30 a 12.00 horas e
  • Proxección do documental Tecido resistente e, posterior coloquio coa directora do mesmo, Marina Chiavegatto; para 3º de ESO de 12.30 a 14.00.

** Hoxe, ademais, xantamos xuntos os membros do club de lectura (os corredoiras e as autoestradas). Agardámoste!

Captura de pantalla 2019-03-12 08.56.23.png

Reunión "Reto lector"

O vindeiro venres no 2º recreo celebrarase na MeGaBiblio unha reunión con todos os participantes do "Reto Lector". Neste doc en *.pdf podedes atopar a listaxedos libros de matemáticas nun fermosos díptico.

Actividades da MeGaBiblio

No primeiro andar temos a exposición "As pontes do río Ulla, natureza e cultura", elaborada pola asociación Raiceiros. Estará dende o 23 de xaneiro ata o 5 de febreiro. Os profesores poden acompañar aos alumnos e recoller unha pequena guía didáctica.

Comeza o reto lector, "Lemos pola CDU". A primeira proposta ata o día 15 de febreiro é "Contos con Contas" (libros vencellados coas matemáticas). Apúntate na Biblio!

lercdu.png

MeGaBiblio: unha minisemana chea de actividades

Martes 4 de decembro:

  • Hora de ler á 3ª hora. Disfruta dos 20 minutos de lectura silenciosa.
  • Reunión do club de lectura. O grupo de "Corredoiras" comentará O misterio das badaladas de Xavier Docampo , o grupo de "Autoestradas" dialogará sobre Farenheit 451, de Ray Bradbury. Comeremos xuntos na biblio e compartiremos a charla cuns dóces. Ás 16,30 marchamos correndo para as aulas.

Mércores 5:

  • no 1º recreo, empeza a nova proposta da biblioteca: un obradoiro. Nesta ocasión "Construímos un bosque de libros". Os que desexen participar vinde á biblioteca cunhas tixeiras (se non tendes, xa buscaremos solucións).Os voluntarios que queiran, guiados por María Armada, construirán as árbores dun bosque especial. Non andes polas ramas e vén a deixar a túa pegada.

pd: a prensa fíxose eco do noso Bingo contra a violencia machista para conmemorar o 25-N. Podes lelo nesta ligazón.

solidaridad-2.jpg

Actividades para o "Día contra a violencia de xénero"

Mañá venres 23 empezaremos unha serie de actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día Contra a Violencia de Xénero.

  • Venres 23: No segundo recreo haberá un photocall na biblioteca ou no vestíbulo.
  • O luns 26 alumnos de 2ESO e 3ESO irán ás 12:30 ao teatro principal a ver "A princesa que non quería comer perdices". Os alumnos de 1ESO acudirán á charla de Sara Vierna sobre "Bo trato", na Academia de policía. Ambas actividades están organizadas polo CIM do Concello dd A Estrada e acudirán alumnos dos tres institutos.
  • O martes 27 nos dous recreos xogaremos ao bingo do machismo. Participa. Haberá premios!
violen.jpg

A violencia de xénero na rede

Son moitos os recursos que podemos atopar na rede sobre a violencia de xénero. Dende a MeGaBiblioteca seleccionamos os seguintes:

Entrega de diplomas aos axudantes de Biblioteca

Hoxe mércores 24 de outubro, tivo lugar na MeGaBiblioteca a entrega de diplomas aos axudantes de cursos anteriores e do curso actual. A entrega foi realizada por Pilar Sampedro.

axundantes_2018_500pix2.png

Mércores 24 de outubro, día da biblioteca escolar

Este mércores, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca Escolar. Haberá 2 eventos nos recreos: no primeiro recreo, a entrega de diplomas (a cargo de Pilar Sampedro) aos ex axudantes da biblioteca, e a entrega das identificacións, horario e libreta, para os novos.

No 2º recreo, coa axuda de Pepe, intentaremos cumprir ao pé da letra o lema "Enróscate na lectura". Estades todos invitados!

Cartel Marisa Día BE_ Nota_20160812_191634_02(5)(1).jpg

Apertura da Biblioteca, venres 5 de outubro

O vindeiro venres 5 de outubro a MeGaBiblioteca abrirá o seu servizo de préstamo para o curso 2018/19.

En breve informaremos das novidades editorias e outras de interese para este novo curso.

Hora de ler, xoves a 5ª hora

Recordámovos que o xoves 3 de maio a 5ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Im-perdibles

Cal é o teu "Im-perdible"? Pásate pola MeGaBiblio durante esta semana e recomenda ese libro que levarías a unha illa deserta! 

1200px-Safety_Pin.jpg
Distribuir contido