Novas MeGaBiblio

Titoán

O vindeiro sábado 20 de Outubro, ás 20:00 Horas, no Centro Cultural Novagalicia Banco da Estrada, terá lugar a presentación do que foi Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, "Titoán", o que supón unha nova entrega do gran proxecto que os autores de "O pobre tolo", Inacio e Iván Suárez, consagraron á vida de Castelao.

Estamos a finais de outubro de 1918, e Castelao volve a Pontevedra para reincorporarse ao seu traballo, logo de botar un mes en Rianxo auxiliando aos veciños afectados pola gripe española.

"Aquel verán paseino entre Compostela e A Estrada, onde ía ver a Virxinia. Lémbrome de ir con ela polo serán ás feiras e romarías: San Pedro de Toedo, San Lourenzo de Ouzande, San Xulián de Guimarei... Daquela paraba na pensión de Manuel Mato (...) E foi o 19 de outu bro cando meu amigo Antonio Rey Soto, o cura poeta, nos casou a Virxinia e a min na igrexa de san Paio da Estrada".

Se queredes ler máis, a MeGaBiblioteca conta con exemplares tanto de "O pobre tolo" como de Titoán. Aquí tedes ilustracións da igrexa de San Paio e do que puido ser a pensión de Manuel Mato.

Titoan_Minitour_Cartel_fs.jpg

Devolucións dos libros da Biblioteca

Recordamos a todo o alumnado do centro a súa obriga de devolver os libros da Biblioteca antes da entrega das notas do luns 25 de xuño. Posteriormente poderán coller libros emprestados para a lectura durante o verán. Moitas grazas e felices vacacións!

Estivemos nas V Xornadas de clubs de Lectura

O sábado 9 de xuño celebráronse en Santiago as V Xornadas de Clubs de Lectura organizadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. Por vez primeira convocouse aos membros dos clubes (alumnos e pais) e non só os coordinadores. E alí fumos os veteranos de club...

Os membros do club NA Estrada-525 escolleron a unha compañeira, Fanny, para que participase na mesa redonda na que dous alumnos, dúas nais e dous profesores coordinadores comentaron a súa experiencia nun club diante de máis de 400 persoas. Todo o público disfrutou e aprendeu coas súas intervencións. En canto sexa posible, colgaremos o enlace para que poidades ver esta mesa redonda.

Cartel das Xornadas

Troco de libros usados no Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro (o 23 de abril) a MeGaBiblioteca propón a actividade "Troco de libros usados", á que está invitada toda a comunidade escolar. Trae á biblioteca un libro entre o 16 e o 20 de abril, e daráseche un vale (un por cada libro) que poderás cambiar o día 23 de abril por un dos libros aportados polos outros participantes.

Titanic na MeGaBiblioteca

O  día 15 de abril cúmprense 100 anos do afundimento do Titanic ;para conmemoralo propoñemos un xogo de busca. Haberá catro tramos de preguntas, expoñeranse en diferentes días e deberás entregalos nos prazos sinalados.  Premiarase a aquel que resolva todos os tramos de preguntas.

Participa!

IMG_7909.jpg

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

Para conmemorar o Día da Muller Traballadora, colocouse no vestíbulo do centro unha exposición de entrevistas a mulleres elaborada polos alumnos de 3º de ESO, baixo a dirección de Chelo Vázquez Rozas.

Tamén se organizou un concurso no mesmo vestíbulo: alí atoparedes dez textos, cada un dos cales fai referencia a unha muller cuxo nome deberedes adiviñar. Cubride o boletín de participación co voso nome, curso e respostas, e entregádeo na biblioteca antes de rematar o segundo recreo do venres 9 de marzo. Haberá premio.

"Punto de fuga", novo cómic asinado para a MeGaBiblioteca

Miguel Cuba dedicounos un exemplar da súa última creación, "Punto de Fuga". A obra, escrita en galego, trata unha temática de actualidade: o incerto futuro dunha das xeracións mellor preparadas da historia da democracia no noso país. Moitos lectores recoñeceranse a sí mesmos ou a xente próxima na situación de Mateo.

mcubapunto_fuga.jpg

Día da Violencia de Xénero, 25 de novembro

Para favorecer a reflexión nas aulas sobre a realidade da Violencia de xénero, a biblioteca do MGB seleccionou cancións sobre esta temática, elaborou carteis e un vídeo. Podedes acceder a toda a información dende esta web.

Fanny Pereira foi a autora do vídeo e os carteis, e os alumnos de TIC de 1º de Bacharelato foron os encargados da web.

cartel definitivo 1.jpg

Cancións e vídeos contra a violencia de xénero

Para conmemorar o Día da violencia de xénero a biblioteca do MGB seleccionou cancións, nas que se aborda o tema, e elaborou un vídeo para fomentar a reflexión nas aulas. Sentimos a crudeza das palabras, das imaxes e das cifras. Podedes ver todo isto nesta webCanc.

As mochilas viaxeiras comezan a ruta!

Un ano máis as mochilas viaxeiras rotarán entre o alumnado de 1º e 2º cursos da ESO. Cada grupo-clase disporá dunha mochila que semanalmente entregarase a un dos alumnos para que a leve a súa casa e, durante uns días, toda a familia poda compartir os materiais seleccionados (películas, revistas, libros, banda deseñada, cedés de música...); tamén hai unha libreta para que nos contedes a vosa experiencia.

mochilas.jpg

Causas nobres, de Fran Bueno, na MeGaBiblioteca

 

Outro exemplar dedicado para a MeGaBiblioteca. Fran Bueno, primer autor galego en traballar profesionalmente no mercado do cómic estadounidense, debuxou para nós a un dos personaxes que aparecen a súa última obra, "Causas Nobres".

"Os Nobre son a familia de superheroes máis famosa do mundo, pero o que os seus seareiros nin sequera sospeitan é que, tras o engado e as marabillas, agochan escuros segredos, mesquiños desexos e unha cobiza desapiadada (...)"

6285546504_f4d8587321_z.jpg

O Día da Biblioteca Escolar no MGB

Onte, 24 de outubro (Día da Biblioteca Escolar), a MeGaBiblioteca invitou a uns doces. Comprobade no corredor o que quedou ao rematar as larpeiradas...

Máis fotos nesta galería de Flickr.

6276823184_6b069ce497.jpg

A man do diaño, por Brais Rodríguez

A MeGaBiblioteca conta cun novo exemplar asinado polo seu autor e dedicado a todol@s nos@s lector@s.

Desta vez trátase de "A Man do Diaño", unha novela gráfica escrita e debuxada por Brais Rodríguez, Demo Editorial 2011, gañadora do Premio Castelao 2010. En palabras de David Rubín:

"Un relato antibélico magníficamente narrado, que non percorre camiños unha e mil veces transitados, cuns personaxes con personalidades complexas e perfectamente construídas, onde as elipses, os silencios, contan moito máis que os diálogos (...)"

6249751023_1fc03c9289.jpg

Novidades Biblioteca

Agradécese a doazón de tres exemplares do cómic MENSAJES ao seu autor, Mariano Casas, profesor do centro.

Grazas polo regalo, asinado polo autor (mirade no escaparate), que esperamos disfrutedes todos.

@s Nos@s lector@s

Para celebrar o Día do Libro, a biblioteca do MGB preguntoulles a algúns lectores do instituto que lles gusta ler, cando, onde, como, con quen...

* Activa a opción 720p HD situada na marxe inferior da pantalla para velo en Alta definición.

Distribuir contido