Novas MeGaBiblio
Pasapalabra sobre Carlos Casares na MeGaBiblioteca
Enviado por admin o 18 Maio, 2017 - 18:17Mañá venres 19 de maio, no 2º recreo, teremos un concurso tipo "Pasapalabra" sobre Carlos Casares, o protagonista do día das letras galegas 2017.
Será na MeGaBiblio, e con premios!!!
Día do Libro 2017 (23 de abril) - "Leo pola cara"
Enviado por admin o 24 Abril, 2017 - 11:45Celebrarémolo na semana do luns 24 de abril ate o venres 28 de abril, e haberá actividades nos segundos recreos de toda a semana.
Novo prazo para os concursos "Rosalía" e "Mulleres artistas"
Enviado por admin o 16 Marzo, 2017 - 19:17Ampliado o prazo dos concursos "Rosalía" e "Mulleres artistas" ata o vindeiro venres 24 de marzo.
Participa, hai premios!
Mañá mércores: "Poesía necesaria como o pan de cada día"
Enviado por admin o 14 Marzo, 2017 - 10:30Mañá mércores 15 de marzo no 2º recreo, teremos unha nova sesión de "Poesía necesaria como o pan de cada día".
Vén co teu poema e se o les en voz alta gañarás o pan.
Na MeGaBilio!
Hora de ler, mércores 15 a 5ª hora
Enviado por admin o 14 Marzo, 2017 - 10:28Recordámovos que o mércores 15 de marzo a 5ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Neste doc pódese ver o calendario anual das horas de lectura.
Mércores 8 de marzo, día da muller traballadora
Enviado por admin o 7 Marzo, 2017 - 17:50Con motivo da celebración este mércores 8 de marzo do día da muller traballadora, a MeGaBiblio propón 2 concursos de busca de información:
- un sobre Rosalía de Castro,
- e outro sobre Mulleres Artistas.
Mira a exposición dos corredores, colle os boletíns de participación que hai na mesa da Biblio e entrégaos antes do venres 17 de marzo.
Poesía necesaria como o pan de cada día
Enviado por admin o 7 Marzo, 2017 - 17:41Mañá mércores 8 de marzo no 2º recreo, teremos unha nova sesión de "Poesía necesaria como o pan de cada día".
Vén co teu poema e se o les en voz alta gañarás o pan.
Na MeGaBilio!
Hora de ler, mércores 8 de marzo a 4ª hora
Enviado por admin o 7 Marzo, 2017 - 17:25Recordámovos que o mércores 8 de marzo a 4ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Neste doc pódese ver o calendario anual das horas de lectura.
Entrega de premios "Lector de mes" e premio "Castelao e A Estrada"
Enviado por admin o 16 Febreiro, 2017 - 18:08
O venres 17 de febreiro, no 2º recreo, recibirán os premios "lector do mes" María González Blanco, Guaire Fernández Amil, Paula Darriba Botana e Ainhoa Vivel Couso.
Ademais premiaremos a Alberto López Constenla, gañador do concurso "Castelao e A Estrada".
Agardámosvos na MeGaBiblio!
Hoxe luns, hora de ler a 6ª hora
Enviado por admin o 20 Novembro, 2016 - 21:28Recordámovos que o luns 21 de novembro a 6ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Neste doc pódese ver o calendario anual das horas de lectura.
Hoxe luns, hora de ler a 4ª hora
Enviado por admin o 6 Novembro, 2016 - 22:36Recordámovos que o luns 7 de novembro a 4ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Neste doc pódese ver o calendario anual das horas de lectura.
Luns, 24 de outubro, Día da Biblioteca
Enviado por admin o 20 Outubro, 2016 - 17:32O luns 24 de outubro é o día da biblioteca. Celebrarémolo no 2º recreo coa entrega dos diplomas que remitiu a Xunta de Galicia para os axudantes do curso pasado, diplomas que serán entregados pola directora do centro.
Servirase un chupito de chocolate en homenaxe a Roalh Dalh, autor lido polos nosos alumnos en varias linguas, xa que o 13 de setembro cumpríronse 100 anos do seu nacemento.
Se premes nesta ligazón poderás ler o texto do pregón escrito pola gañadora do premio nacional 2015 Ledicia Costas.
** Roald Dahl, nado en Llandaff, Cardiff, o 13 de setembro de 1916 e falecido en Oxford, o 23 de novembro de 1990, foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, Iago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá, Muá.
Hoxe luns comeza a hora ler a 1ª hora
Enviado por admin o 16 Outubro, 2016 - 23:25Recordámovos que hoxe luns 17 de outubro a 1ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Neste doc (ou picando na imaxe) pódese ver o calendario anual das horas de lectura.
Martes 21, 2º recrero, entrega de diplomas axudantes MeGaBiblioteca
Enviado por admin o 19 Xuño, 2016 - 09:14P.D. A principios de curso entregaremos os diplomas que emite a Consellería.
Concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada"
Enviado por Vicedirec. o 6 Xuño, 2016 - 09:26O pasado xoves 2 de xuño, na Biblioteca do IES Antón Losada Diéguez, tivo lugar a entrega de premios do concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada". Neste acto participaron, ademais das rapazas premiadas, @s director@s dos IES estradenses que convovaban o evento. A nosa alumna María Rozados Balboa de 3ºC resultou gañadora na categoría de 2º ciclo de ESO.
Parabéns a todas as gañadoras!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »