Novas MeGaBiblio

San Valentín non MGB

O instituto enchéusenos de bicos!!!

Polo San Valentín propoñemósvos dous concursos:

1. Namora en 140: colle unha folla de participación na biblioteca e escribe unha declaración amorosa que non supere os 140 caracteres. Pode ser real, ficticia, cómica, melancólica... pero sé breve.

2. Bicos: polo corredor verás dez cadros, dez textos e dez cancións... Colle a folla de participación correspondente e cúbrea cos pintores, escritores e intérpretes de cada un deles.

Tes ata o venres 20 para entregar as túas follas na biblio. Podes participar nos dous concursos ou nun só: ti escolles. Haberá un premio en cada categoría.

Se non queres participar, pero precisas palabras de amor atinadas para estes días, podes mirar se che dan ideas... Algunhas levan séculos unindo parellas .

Bicos para tod@s.

SanValentin__20150212_07_0.JPG

X edición do Concurso de Cultura Clásica Odisea

Durante toda a mañá do xoves 29 de febreiro, dende a Biblioteca e as salas de informática, os alumnos de Cultura Clásica e Latín do MGB participarán na X edición do concurso de Cultura Clásica Odisea 2015, xunto con outros centros de GaliciaValencia, CastellónAlacantCatalunyaAragónValladolid, Extremadura, Cádiz, Córdoba, Granada, Málaga, Sevilla e La Rioja.

Organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEECGalicia), a temática este ano xirará en torno a “O Amor en Grecia e Roma”.

Ademais, o venres 30, durante o primeiro recreo, terá lugar na MeGaBiblioteca a entrega dos premios "internos" para a Odisea do MGB, e proxectarase, en estrea mundial, o documental Hic et Nunc (aquí e agora), realizado polos alumnos de Latín o pasado curso.

icono-barco.png

"Nas túas mans", Día contra a Violencia de Xénero

Neste vídeo, elaborado por Miguel Bugallo, recóllense as imaxes máis destacadas da "Pintada de uñas" realizada no Centro con motivo do "Día contra a violencia de xénero" e organizada polo equipo da MeGaBiblioteca. Estas imaxes queren salientar o moito que cada un pode facer para frear esta violencia, o que está nas nosas mans...

Concurso de carteis e viñetas da MeGaBiblioteca

O pasado 25 de novembro tivo lugar na MeGaBiblioteca a entrega de premios do Concurso de carteis e viñetas con motivo do "Día contra a violencia de xénero". Foron presentados máis de 50 traballos e os gañadores foron os seguintes:

  • Categoría alumnnos 4ESO-2BAC: Jon Lamas (2BAC)
  • Categoría alumnos 1ESO-3ESO: Ángela Cabalar e Ainhoa Carracedo (1ESO)

Todos os participantes recibiron un agasallo.

Concurso "O lector de mes"

Empeza o concurso o “Lector do mes”.

Na primeira semana de cada mes escollerase o alumno/a que:

  1. leve máis documentos en préstamo da MeGaBiblioteca;
  2. deixe o maior número de comentarios na Biblioteca. Recordade que para iso deberedes entrar en “A nosa biblioteca na rede” e buscar onde valorar os libros. Se tedes dúbidas, preguntade e explicarémosvolo persoalmente.

O alumno/a que demostre ser o máis lector do instituto será premiado cun diploma e un agasallo.

Seguro que aínda dubidas se participar?

MeGaBiblio.png

Gañadores no xogo matemático 2014

No xogo matemático 2014 celebrado o pasado 24 de outubro na MeGaBiblioteca resultaron gañadores na categoría de "pequenos" grupo formado polos alumnos José Rey, Brais da Costa, Alex Romero e Anxo Rey, e na de "maiores" o grupo Ruffles Jamón, composto por Marcos Pequeño, Víctor Mato, Nico Luna e Pablo Miranda.

Imaxe: Os gañadores recollendo os seus premios (1 cómic e 1 vale para 1 cea). Autor Miguel Bugallo.

Xogo_matematico_20141107_09_bis.JPG

Venres 24 de outubro: Día da Biblioteca Escolar

Para celebralo temos unha exposición de libros sobre matemáticas pertencentes ao fondo da nosa MeGaBiblioteca e unha maleta con libros e películas sobre Matemáticas que nos emprestou a Consellería (no expositor do corredor).

Durante os dous recreos deste venres haberá un xogo. Recibirás un agasallo só por participar e, ademais, haberá un premio para o gañador de cada unha das categorías: (i) 1º ciclo, e (ii) 2ºciclo e Bacharelato.

Formade un grupo cun máximo de 4 alumnos, recollede a folla coas preguntas que vos corresponden por idade e entregádeas (tras responder a elas) a un profe na biblioteca ao final do segundo recreo. Podedes consultar calquera fonte de información, pero non cos profes.

biblio_2014.png

Día do libro

Para celebrar o Día do Libro teremos na biblioteca do instituto unha exposición cos libros que alumnos, profesores e persoal non docente escolleu entre os que lle deixaran pegada.

Pola tarde haberá unha pequena intervención arredor dos libros nas aulas de secundaria. Estade atentos, a ver quen entra!

Día do Libro, precisamos a túa colaboración

Para celebrar o Día do Libro (23 de abril) realizaremos, entre outras actividades, unha exposición de libros significativos. Como cada persoa ten un libro que lle deixou pegada... solicitamos á toda a comunidade educativa (alumnos, pais, persoal non docente, profesores...) que nos acheguen á biblioteca o libro escollido para ser exposto. Na biblioteca atoparedes unha cartolina para cubrir uns datos sinxelos (seleccionador, motivo polo cal é importante ese libro...)

Recolleranse os libros ate o venres 19 de abril, devolverémolos na semana seguinte.

Premiados nos concursos da MeGaBiblioteca

As alumnas Carla Gañete e Paula Calvo acadaron os premios de escrita de San Valentín. Pablo Miranda resultou gañador do concurso na aula virtual sobre o 14 de febreiro e Vanessa Fernández foi a "lector@ do mes" de febreiro. Todos eles recibirán o seu agasallo o venres 1 de marzo no 2º recreo. Vos esperamos na biblioteca para compartilo con eles.

San Valentín no MGB

A Megabiblioteca proponvos dous xogos, en realidade dous concursos (porque haberá premios). O primeiro é un xogo en Jclic: 14 de febreiro. Día dos namorados. Atoparédelo na nova aula virtual da biblioteca. O segundo: "De amores" é unha proposta de creación literaria a partires dun texto. Atoparedes o texto na aula virtual ou na cortiza dos corredores.
O prazo do primeiro remata o 19 de febreiro, o segundo o 15 de febreiro.
Sorte!

Captura de pantalla 2013-02-14 a las 08.39.38.png

Proxectos de remodelación da Biblioteca

Os alumnos de 2º BAC de Artes, na asignatura de DESEÑO, fixeron uns proxectos (5 en total) de REMODELACIÓN da biblioteca, que posiblementese se leven á realidade. Os proxectos pódense votar e comentar nesta páxina.

remo_biblio_2013.jpg

Novos ordenadores na MeGaBiblioteca

Xa chegaron á MeGaBiblioteca os sete novos ordenadores, mercados co orzamento recibido por entrar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e instalados grazas ao traballo xeneroso de varias persoas. (Como son noviños, por favor, non os asustedes entrando todos á vez ou amontoándovos ao seu carón...)

As normas para o seu uso son as mesmas que as que rexían cos recén xubilados: non se pode acceder dende eles ás redes sociais (Facebook, Tuenti...), nin xogar a xogos violentos ou que atenten contra a dignidade. Recordade tamén que, de estar todos ocupados, teñen preferencia os alumnos que os precisen para traballos académicos fronte aos que os usen para actividades lúdicas...

Os profesores que queirades traballar cos alumnos na biblioteca, recordade que debedes apuntarvos na libreta da sala de profesores: deste xeito a vosa actividade non interferirá coa doutros grupos-clase.

Polo demais, xa sabedes: sentidiño. Coidémolos, pois son de todos. O Plan de Mellora permitiranos facer algúns cambios máis: estade atentos!!!

25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero


Educar e aprender supón ver e entender realidades que, ás veces, non son gratas: só facendo visibles e falando das situacións de violencia de xénero poderemos comezar a cambialas.
Atoparedes aquí unha serie de materiais que vos servirán para traballar o tema nas aulas: o luns 26, no segundo recreo, proxectaremos algúns deles na biblioteca.

Vídeo1  e vídeo2 elaborados polos alumnos do IES Lama das quendas en Chantada.

Na seguinte páxina do Concello de Vigo hai uns materiais marabillosos, na páxina 25 está a curta "Amores que matan".

Ademais na parte superior (premede na man) tedes acceso a un conxunto de cancións que tratan este tema.

Lector/a do mes na MeGaBiblioteca

O xoves 15 de novembro comeza o concurso “O lector/a do mes”: cada mes premiarase a quen demostre ter máis libros lidos durante ese periodo. Para participar só tes que coller documentos en préstamo na MeGaBiblioteca co teu número de carné, e facer unha pequena entrada en “a nosa biblioteca na rede” (accédese desde a web do insti) coa túa opinión sobre o libro, cómic, revista… que leras. Se non sabes como introducir os datos no Meiga, pregúntalle a Patricia Pérez Gippini.

Haberá premios para quen demostre ser o máis lector/a do centro. Anímate.

* imaxe de dt_tr en Flickr

6818551356_0063a65e4d.jpg
Distribuir contido