Novas MeGaBiblio

Adopta un libro

Vente hoxe no 2º recreo pola MeGaBiblioteca e adopta un libro! Terás unha doce recompensa!

pd: e se levas un préstamo tamén!

Imaxe | adoptaunlibro.org

banner1imagen.png

Galicia, un paraíso xeolóxico

Mañá martes 20 de marzo, terá lugar unha charla do xeólogo Fran Canosa na AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), organizada polas bibliotecas escolares dos tres institutos estradenses.

Día da muller traballadora 2018 na MeGaBiblioteca

Na conmemoración do día da Muller, presentamos a charla que mañá venres 9 nas 2 últimas horas impartirá Ramón Villaverde (o noso lector de inglés) sobre os feminicidios en Ciudad Juárez, e a charla de Tamara Prieto (vindeiro xoves 15 a 2ª h.) sobre a investigación científica que está a desenvolver. Nesta ligazón poderás ver a presentación elaborada polos 3 IES da Estrada.

Literatura escrita por mulleres na MeGaBiblioteca

Neste reivindicativo mes de marzo dende a MeGaBiblioteca queremos salientar a literatura escrita por mulleres, aínda que estas se agocharan en seudónimos masculinos. Neste díptico ofrecémosche algúns títulos, pero podes escoller o que ti queiras, sempre que fose escrito por unha muller. 

Captura de pantalla 2018-03-01 a las 12.12.58.png

Es un sol?

O vernes 23 de febreiro no 2º recreo daremos un agasallo aos soles que atopamos. Se eres un dos recoñecidos pola MeGaBiblioteca terás un correo electrónico na túa conta do instituto. Se aínda non es un SOL ven preguntar cómo podes facer para conseguilo.

sol-500.png

Hora de ler, martes a 6ª hora

Recordámovos que o martes 9 de xaneiro a 6ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Lecturas recomendadas para Nadal

Picade na imaxe para acceder á listaxe das lecturas recomendadas para este Nadal, elaborada conxuntamente polas Bibliotecas dos 3 centros da Estrada.

Queres ser solidario?

Día contra a violencia de xénero 2017

No MGB conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero con varias actividades. Unhas foron organizadas conxuntamente entre as bibliotecas dos tres IES (unha concentración silenciosa e unha charla) e no instituto disfrutamos dun espectáculo dirixido por María Varela cos alumnos de 4º de ESO e 2º de BAC.

Bingo do machismo na MeGaBiblio

Hoxe, xoves 23 de novembro, nos dous recreos haberá un xogo na biblioteca: Bingo do machismo.

Haberá premios para os que canten liña e bingo.
bingo-159974_960_720.png

Martes 24 de outubro, Día da Biblioteca Escolar: "Aprender a pensar na BE"

Mañá martes 24 de outubro as 3 bibliotecas dos institutos de A Estrada celebramos Día da Biblioteca Escolar, e por este motivo desta elaboramos unhas propostas vencelladas ao lema elixido para este ano: "Aprender a pensar na BE".
CARTEL_17_WEB.jpg

A MeGaBiblioteca comeza a súa andaina. Hora de ler!

A MeGaBiblioteca comeza a andar neste curso 2017/18. Xa está funcionando o servizo de préstamos, nomeados os axudantes e repartidos os novos carnets para aqueles alumnos e profesores que se incorporaron este curso escolar.

Tamén comeza a HORA DE LER, o luns 9 a 1ª hora, terás 20 minutos para ler o que ti queiras!

Nesta ligazón pódese consultar o calendario para todo o curso.

hora_de_ler_logo.png

X Xornadas dos Clubs de Lectura

O sábado 17 de xuño participamos nas X Xornadas dos Clubs de Lectura, reunímonos en Santiago máis de 1000 lectores de toda Galicia. Disfrutamos de charlas con autores, encontros entre clubs, obradoiros de grafiti, de manga, de poesía, de radio... 

Tamén estivemos no escenario, Óscar López, o presentador de Página 2, e cinco rapaces de diferentes clubs (Ainhoa Vivel foi a nosa representante), propuxeron como elaborar un programa cultural para xoves. Ledicia Costas e Violeta Moon aportaron a súa experiencia.

Disfrutamos moito do día. Agardamos poder repetilo para o ano.

ainoa-mans.jpg

Préstamos de verán na Megabiblioteca

Con respecto ao sistema de préstamos para o verán, queremos recordar o seguinte:

  • COMEZA O LUNS 19 DE XUÑO
  • PARA PODER LEVAR DOCUMENTOS NON PODES TER NINGUNHA DEVOLUCIÓN PENDENTE
  • PODERAS DISFRUTAR DE LECTURAS E PELÍCULAS DURANTE TODO O VERÁN
  • CHEGARON MOITAS NOVIDADES!
  • LEMBRA DEVOLVELOS A PRINCIPIOS DE SETEMBRO

Bota unha ollada á lista de recomendacións!

Captura de pantalla 2017-06-14 19.30.43.png

Pasaron por aquí

Foron moitos os autores que nos dedicaron páxinas das súas obras, que gardamos na MeGaBiblio cunha atención especial. De todo iso fala o seguinte vídeo...

Distribuir contido