ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Curso 17-18
III Xornadas de portas abertas Escola- Empresa do IES de Ortigueira
Preme AQUÍ para ver unha nova en prensa sobre a xornada
Proyectos do IES Ortigueira gañan premios Emprende Xove 2018
Preme nesta LIGAZÓN para ver a nova en prensa
Innova FP 2018
O IES de Ortigueira vén de participar en FP INNOVA 2018. Os 3 proxectos presentados son: ORTIMASTER (Premio de Innovación) en colaboración co IES Ferrolterra, MADEIRA DE VESTIR (Gravatas de madeira) e FAINO TI MESMO (Soportes para móbiles). O stand do centro recibeu numerosas visitas que foron atendidas polo alumnado e profesorado do Ciclos Básico e Medio de Carpintaría e Moble do centro, que explicaban os proxectos. Con estas actuacións, desde o Departamento de Madeira e Moble do centro preténdense diversificar as vías de negocio no mundo da madeira e fomentar a creatividade e a motivación do alumnado, ampliando a visión de futuro desta familia profesional na sociedade. Os visitantes podían subir na embarcación para sacarse unha foto "navegando" polo Cabo Ortegal, cos aguillóns ao fondo. Preme AQUÍ para ver unha nova na prensa.
Feira STEMlab Galicia
O IES de Ortigueira foi 1 dos 18 centros educativos públicos galegos invitados a participar o pasado 20 de abril na I Feira STEMlab Galicia.
Robótica para o alumnado do CEIP José Mª Lage
O luns 12 de marzo, 6 alumnas de robótica do IES, impartiron uns obradoiros para o alumnado de 5° e 6° de primaria do CEIP José María Lage, que trataron sobre robótica con Lego, robótica Mbot Ranger e robótica mariña.
Para as alumnas do instituto os obradoiros permiten a experimentación da labor docente. Días antes fixeran a mesma actividade co alumnado do CEIP de Cariño, da que quedou constancia neste artigo publicado na prensa.
Parabéns a Carla e Aitana
Aitana e Carla, alumnas de 4º de ESO, veñen de ser seleccionadas pola Fundación Amancio Ortega para cursar o 1º de Bacharelato en Canadá e EEUU respectivamente.
Desde o centro sentímonos orgullosos do traballo realizado por estas rapazas para acadar o premio.
O programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a mozas de institutos e colexios españois durante un ano académico. Con ese motivo convocou 500 bolsas, dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois (das cales 80 son de centros de Galicia), para estudar 1º de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o próximo curso escolar 2018/19.
Premio da Universidade de Vigo ao alumnado de Tecnoloxía do IES de Ortigueira
4 minidrons Parrott foron acados polo alumnado de Tecnoloxía no 2° premio para secundaria do concurso Oceans of Plastics convocado polo Campus do Mar da Universidade de Vigo. Os centros participantes debían presentar traballos que mostrasen aportacións dos alumnos para minimizar a crecente contaminación por plásticos dos mares e océanos.
Decoración do centro no Nadal 17-18
Traballos decorativos do alumnado de Carpintaría e Moble, e Exposición de Postais de Nadal
Ortigueira, contra a violencia de xénero
Onte, o alumnado da ESO e primeiro de BAC, asistiu ao teatro para participar no espectáculo "I¨ll be watching you" da compañía teatral Chévere. Foi unha actuación lúdico-musical e pedagóxica que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa dentro dun contexto de participación interactiva co alumnado.
O concello de Ortigueira foi seleccionado para desenvolver esta actividade pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, no marco do Acordo de colaboración asinado entre este departamento e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia.
Xornada de Orientación para alumnado de Bacharelato
No Salón de Actos e na Biblioteca "Rosalía de Castro" tivo lugar unha Xornada de Orientación Universitaria para o noso alumnado de Bacharelato. Persoas de Ortigueira, que cursaron ou están a cursar titulacións do sistema universitario galego, español, e mesmo cursos do "Programa Erasmus" pola Unión Europea, quixeron amosar as súas experiencias e responderon ás cuestións formuladas nun diálogo cercano e bidireccional, con ampla participación.
Desde o centro queremos agradecerlles o desprazamento á que continúa a ser a súa casa, e o tempo e adicación desinteresada, invitándoos a todos á participación no vindeiro curso.