Skip to Content

ESTUDAR FORMACIÓN PROFESIONAL

 

FORMACIÓN PROFESIONALwww.edu.xunta.es/fp

QUE ESTUDAR?

Perfiles profesionais:

http://todofp.es/orientacion-profesional/como-elegir-tu-futuro/perfiles-profesionales.html

TEST CICLOS FORMATIVOS FP

Test de intereses profesionais:

Webquest intereses profesionais

Estudo da inserción laboral das distintas familias profesionais:

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FP QUE PODES ESTUDAR NA ZONA:

IES PINTOR COLMEIRO (SILLEDA):

CM DE ACTIVIDADES COMERCIAIS

CM DE CONDUCCIÓN DE ACTIVIDADES FISICO- DEPORTIVAS NO MEDIO NATURAL

 CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS

IES MARCO DE CAMBALLÓN  (VILA DE CRUCES):

CM DE SOLDADURA E CALDEIRARÍA

CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

IES LAXEIRO (LALÍN):

CM ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES

CM  INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS

CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA

CS MECATRÓNICA INDUSTRIAL

CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA (LALÍN)

CM DE SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES

CS DE DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS  WEB

IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ (A ESTRADA)

CM CARPINTERÍA E MOBLE

CM ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES

CM EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL

CM INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS

CM SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES

CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

INFORMACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS PROFESIONAIS

 

Galería de Vídeos FP distintas comunidades:

Asturias

Cantabria

Cataluña

Galicia

ONDE PODES  ESTUDAR FP?

COMO PODES ACCEDER A CICLOS MEDIOS?

  • Co Título de graduado en ESO
  • Co Título de  FP Básica
  • Superando  as probas de acceso  (é necesario ter  17 anos cumpridos no ano en que se realiza a proba) .

COMO PODES ACCEDER A CICLOS SUPERIORES?

  • Cursando o bacharelato (que  BAC debes escoller se queres cursar despois un CS?).
  • Cursando un CM de FP (teñen prioridade os da mesma familia profesional).
  • Mediante proba de acceso.

CAL É O PRAZO PARA INSCRIBIRTE NOS CICLOS?

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2019-2020

ONDE SE FAI A INSCRICIÓN?

A través dunha aplicación informática www.edu.xunta.es/ciclosadmision

 Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

 Pasa polo dpto de orientación do centro no mes de xuño e facilitaráseche toda a información sobre o procedemento de admisión nos ciclos.

QUE SON OS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES (CREDO)?

Son centros residenciais nos que podes ter aloxamento + comida pagando en función da renda familiar (hai prazas gratis para rendas baixas). Podes solicitalos se estás interesado nalgún Ciclo Medio de FP que haxa nos institutos que están preto destes CREDO (A Coruña, Vigo, Ourense).

O prazo para solicitalos remata o 8 de agosto. Se quedan prazas libres, haberá outra convocatoria de solicitude do 15 ao 30 de setembro.

Webs e Teléfonos dos centros

CREDO OURENSE  988 602165

CREDO A CORUÑA  981 667836

CREDO VIGO 986 262500

Mira os CM que podes estudar nestas cidades aquí

 



story | by Dr. Radut