Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Alumnado de 2º de ESO Viaxe a Santiago TVG (ITI) e o Mercado de Abastos (Promoción de estilos de vida saudables). Toda a mañá.
Este luns 16, tivemos pola tarde no salón de actos do instituto unha xornada de vibilización e posta en valor do deporte feminino. A actividade forma parte dun proxecto da Deputación da Coruña que reponde á campaña Conquista os elementos, consistente na celebración de videofórums en 18 comarcas de Galicia. O alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e Ciclo, viu o documental Contra os elementos, que dá nome á campaña, e a continuación escoitamos a tres mulleres que son exemplo do esforzo, o traballo e o éxito deportivo na nosa comarca, dúas antigas alumnas e unha profesora. Nerea Carballo, tras unha longa traxectoria no fútbol feminino, é actualmente xogadora do Atlántida Matamá na Segunda División Nacional. Pilar Rodríguez Maneiro é unha das grandes promesas do taekwondo nacional. Alejandra Carro é profesora no ciclo de "Condución de actividades físicas no medio natural", integrante da selección galega de orientación e con éxitos a nivel galego e en España en orientación e MTB. Son un exemplo a seguir para as mozas e os mozos. Exemplo dos valores que van parellos ao deporte. Membros do Concello e Ánxela Franco como representate da Daputación, asisitiron ao acto. Esta mañá o alumnado de 2º de ESO visitou Santiago. Seguimos co tema da COMUNICACIÓN. Os de Investigación e Tratamento da Información asistiron a unha visita guiada na RTVG. Explicáronlles o seu funcionamento, coñeceron os platós e as salas de produción, mesmo puideron presenciar a emisión do programa Bos Días! Pinchade para ver o vídeo no Facebook da Sala Perseveira! Ao mesmo tempo, os seus compañeiros e compañeiras de Promoción de Estilos de Vida Saudable, eran recibidos no Mercado de Abastos, onde lles contaron da relevancia que hoxe ten este mercado no ámbito social, económico e patrimonial. Logo realizaron actividades preparadas nesa materia e na de Lingua Galega. Investigaron sobre o léxico, procuraron alimentos para deseñar unha dieta saudable, calcularon calorías... Outra forma de comunicación, comprender o que nos ofrece o entorno e, ao tempo, asentar hábitos de vida sans e comprometidos cos produtos de noso.
Logo houbo tamén un tempiño para pasear polo casco antigo e achergarse a algúns dos puntos de interese máis destacados. |