FP - Probas de acceso para ciclos formativos medio e superior

 

DOG - ORDE do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

 

 

>> Proba de acceso ao grao medio, datas e lugares de inscrición:

prazo de presentación estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas:  ou presencialmente en calquera centro público que imparta ciclos formativos.

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024.

 

>> Proba de acceso ao grao superior, datas e lugares de inscrición:

prazo de presentación estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluidos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas: LIGAZÓN ou presencialmente en calquera centro público que imparta ciclos formativos.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024

Calendario Académico 2023/24

INNOVATECHFP

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA INNOVATECHFP !!!!

O noso equipo participante terá que enfrontarse á resolución do reto tecnolóxico proposto pola Empresa FINSA: deseñar un sistema de control co cal poder monitorizar tanto o crecemento das especies forestais coma as condición ambientais da zona. “Trátase de sensorizar os nosos montes, saber o que está a pasar en tempo real, para tomar decisións axeitadas”, e xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.

MOITA SORTE !!!!

  

Charlas sobre Emprendemento 17 e 20 novembro

"OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS PARA O EMPRENDEMENTO"

Entre o 17 e 20 de novembro demos continuidade a todas as actividades levadas a cabo ao abeiro de Aula de Emprendemento do IES Punta Candieira: obradoiros, charlas, concurso de emprendemento... Neste caso trátase duns Obradoiros de Habiliades Sociais para o Emprendemento.

O obxectivo e que o noso alumnado adquira habilidades sociais e transversais necesarias para o éxito profesinal como futuro emprendedor. Todas elas fundamentais para relacionarse con outras persoas traballadoras, colaboradoras, provedores, Administracións Públicas, etc.

O alumnado participante foi 1º e 2º de FP básica Electricidade, e 1º Cursos dos ciclos Formativos de Grao Medio de Electricidade, Mantemento Electromecánico e Actividades Comerciais.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Misnisterio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration UE.

 

                

GALICIASKILLS 2023

Román Rodríguez (Conselleiro) e Eugenia Pérez (Directora Xeral de FP), co  alumnado de Ciclos de IES Punta Candieira.

 

 

Graduación do alumnado de CM e CS de Formación Profesional, FP Básica e alumando da ESA.

       

 

       

 

PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS (RÉXIME ORDINARIO - ADULTOS - FP DUAL)

 
O prazos do proceso de admisión para os Ciclos Formativos en réxime ordinario, de persoas adultas e FP Dual son do 23 de xuño ás 09:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas.

PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN FP BÁSICA.

O prazos de admisión para a FP Básica é do 26 de xuño ás 09:00 horas ao 6 e xullo ás 13:00 horas.

Para calquera dúbida, poderán consultar no seguinte enderezo:
https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

No centro axudaremos a cumplimentar os impresos ao alumnado en horario continuado de 09:00 a 14:00 horas.

Prazos de matrícula e documentación necesaria curso 2023-2024

Prazos de matrícula para o curso 2023-2024:


- Lunes 26 de xuño, matrícula 1º y 2º ESO
- Martes 27 de xuño, matrícula 3º y 4º ESO
- Mércoles 28 de xuño, matrícula 1º y 2º de bacharelato

Calendario de Exámenes de la Convocatoria Extraordinaria de 1º y 2º BAC

Oferta emprego Stellantis

Distribuir contido