Entrega dos premios aos equipos gañadores das Dinámicas de traballo en equipo.

Dinámicas de traballo en equipo

O alumnado de 1º CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas, 1º CM de Mantemento Electromecánico, 1º CS de Mecatrónica Industrial, e 4º ESO Ciencias Aplicadas, realizan dinámicas de traballo en equipo (FOL - Iniciación á actividade emprendedora e empresarial).
Parabéns a todos pola súa participación!

Preme aquí para ver máis

“Samaín? O que realmente dá medo é a violencia de xénero”.

A moita xente gústalle ver películas e series de terror, sentir medo… Sen embargo, para algunhas mulleres ese medo é algo moi real e teñen que sufrilo a diario.
 
Este Samaín, dende o Equipo de Igualdade do IES Punta Candieira, queremos reflexionar sobre a violencia baixo o lema “Samaín? O que realmente dá medo é a violencia de xénero”.
 
O alumnado, coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, elaborará carteis para decorar o centro. 
 
E o venres 29 de outubro queremos invitar a alumnado, profesorado e persoal non docente a que se disfrace! Monstros, bruxas, pallasos terroríficos, personaxes fantásticas… todo@s serán benvid@s

Celebración do Samaín 2021

Entrevistas de traballo

Os alumnos e alumnas de 1º CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas e CM de Mantemento Electromecánico, e1º CS de Mecatrónica Industrial estiveron a gravar as súas "entrevistas de traballo" para o módulo de FOL...Un gran traballo, parabéns a todos e a todas, pasamos un moi rato facendo os vídeos e vendo o resultado!

"Mulleres unmasked"

Este venres 22 de outubro un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO visitarán a exposición de arte no Palacete Municipal de Cedeira, exposición que reinvindica a identidade das mulleres "como mulleres e como artistas".

Estarán acompañados no seu percorrido pola coordinadora de Normalización Lingüística do IES Punta Candieira.

 

 

Limpeza de zonas de marisqueo a pé de Cedeira afectadas pola acumulación de lixo.

A Confraría de Pescadores de Cedeira está desenvolvendo o proxecto “Limpeza de zonas de marisqueo a pé de Cedeira afectadas pola acumulación de lixo”, un proxecto colectivo para a protección e recuperación da biodiversidade dos ecosistemas mariños
.
Dentro deste proxecto, a Agrupación de marisqueo a pé desta confraría está realizando diferentes actividades entre as que destacan as accións de sensibilización, que inclúen unha xornada de limpeza de praias, acompañando ás mariscadoras e mariscadores a pé, e na que participará o noso alumnado de 1º ESO.

A xornada de limpeza terá lugar o día 14 de outubro, en horario de 11:30 a 13:30, na praia da Madalena.


PARA COIDAR DO NOSO MAR. A NOSA FONTE DE VIDA............A DE TODOS!!

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

05/11/2021
Europe/Madrid

Achégase o calendario de celebración das eleccións ao consello escolar de acordo co establecido na Resolución de 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

Día do Orgullo Neofalante NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA 21-22

O venres , 1 de outubro , celebramos o Día do Orgullo Neofalante da man do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Cedeira.

O Día do Orgullo Neofalante ten como obxectivo gañar falantes e espazos de uso para o galego.

 

Documental  Barullo, de Xosé Antón Bocixa

Máis información

 

 

Ensinanzas de adultos Curso 21-22

O próximo xoves 23, terá lugar a presentación e inicio das clases da ESA e Bacharelato de adultos.

ESA: Presentación ás  17:00 horas  Aula 3º ESO A

Bacharelato (1º e 2º ): Presentación ás 17:30 horas Aula 1º Bacharelato A

Distribuir contido