Datas e horario de inicio do curso 2021-2022.

13/09/2021 15:57
Europe/Madrid

Inicio do curso 2021-2022: día 15 de setembro, mércores.

  • Inicio do curso escolar para o alumnado da ESO, Bacharelato, FP Básica e Ciclos Formativos de grao medio e superior (ordinario e adultos), no horario habitual.

 

  • O alumnado de 1º da ESO, terá a presentación cos titores ás 09:00 horas.

 

*O alumnado de 1º da ESO transportado estará no horario habitual e será custodiado polo profesorado do centro ata á hora da presentación. 

Listado libros de texto de bacharelato curso 2021/2022

10/09/2021 09:11
Europe/Madrid

Adxúntase listado de libros de texto de bacharelato curso 2021/2022

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

03/09/2021
06/09/2021
Europe/Madrid

As reclamacións ás cualificacións da convocatoria extraordinaria de setembro poderán realizarse no horario que segue:

- Luns 6 de setembro ata as 11:00 h presentación da documentación

- Luns 6 de setembro de 11:00 a 14:00 h atención por parte do profesorado.

PUBLICACIÓN NOTAS ESO E BACHARELATO - CONVOCATORIA SETEMBRO 2021

02/09/2021 10:42
Europe/Madrid

As notas da convocatoria de setembro para o alumnado da ESO e Bacharelato estarán dispoñibles na aplicación ABALAR a partir do venres 3 de setembro ás 13:00 horas.

DATAS MATRÍCULA SETEMBRO - ESO, FP BÁSICA, ESA E BACHARELATO.

02/09/2021 10:36
Europe/Madrid

As datas de matrícula para o alumnado da ESO, FP Básica e Bacharelato (réxime ordinario) serán: 

- Venres 3 de setembro, de 13:00 a 14:00 horas.

- Luns 6 de setembro de 09:00 a 14:00 horas.

 

As datas de matrícula para o alumnado da ESA e Bacharelato (adultos) comezarán o venres 3 de setembro ás 13:00 horas.

Período extraordinario admisión Ciclos Formativos.

31/08/2021
Europe/Madrid

 

Grao medio:

  • Matriculación 1ª adxudicación: do 2 de setembro ás 09:00 horas ao 6 de setembro ás 13:00 horas.
  • Presentación de solicitudes: do 1 de setembro ás 09:00 horas ao 9 de setembro ás 13:00 horas.
  • Matriculación 2ª adxudicación: do 21 de setembro ás 09:00 horas ao 24 de setembro ás 13: 00 horas.

Grao Superior:

  • Matriculación 1ª adxudicación: do 2 de setembro ás 09:00 horas ao 6 de setembro ás 13:00 horas.

BOLSAS CURSO 2021-2022

31/08/2021 10:57
Europe/Madrid

 

FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios Aviso: Está aberto o prazo para solicitar a bolsa! Do 3 de agosto ao 30 de setembro de 2021

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

O listado das axudas concedidas e os vales correspondentes están a disposición para a súa recollida na secretaría do centro.

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO

Achégase o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro

PREMATRICULA CUALE

Achégase impreso para a prematricula do programa CUALE

Distribuir contido