Publicadas as Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 22 de maio ata o 21 de xuño de 2023.
As solicitudes están publicadas na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia (modelo ED330B) e na Secretaría do Centro. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia buscando o procedemento ED330B (é preciso ter chave 365, certificado dixital ou clave de usuario de educación).  Opcionalmente pódense presentar na Secretaría do centro educativo.
Toda a información está na Orde de 10 de maio de 2023  que regula as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 2023-2024.

Calendario exames finais ciclos formativos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

EQUIPO  DE  DINAMIZACIÓN   LINGÜÍSTICA

               O alumnado da ESA (Ensinanza Secundaria para Adultos) do IES "Punta Candieira" celebra o Día das Letras Galegas 2023 en honor a Francisco Fernández del Riego, coa elaboración dun video sobre a súa biografía, resaltando os aspectos máis importantes da súa vida."

Neste ligazón pódese ver un resumo do acto:           https://youtu.be/INCHRK477vI 

 O alumnado de 3 e 4 da ESO tamén celebra o día das Letras Galegas 2023 en honor a Francisco Fernández del Riego coa lectura dunha das súas obras: O CEGO DE PUMARDEDÓN

 Neste ligazón pódese ver un resumo do acto:             https://youtu.be/jouCq-llvzw

 

       

 

 

 

   

                                                                       

Entrega de Premios "2 minutos para a túa idea"

O martes 16 de Maio, no salón de actos do IES Punta Candieira, levouse a cabo a entrega de premios e diplomas de participación de 1º Concurso de Ideas Emprendedoras: " 2 minutos para a túa idea".

Queremos dar a noraboa a tod@s os/as gañadores/as e tamén a todo o alumnado participante neste Concurso.

Volveremos convocar o Concurso novamente o próximo curso académico e esperamos a participación de tod@s.

 

Noraboa gañadores e gañadoras!!!

 

      

 

     

 

     

 

 

                                                                        

 

 

 

 Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.

             

                                                

 

 

 

Lectura de proxectos do Ciclo Superior de Mecatrónica curso 22/23

Datas dos exámes fináis de Xuño de Administración

Apertura matrícula ABAU

Para mais información premer no seguintes enlaces:

 Máis información

https://www.ciug.gal/gal/abau

 

 

Información da solicitude de títulos

Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso dos ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título. Este trámite debe facerse antes da solicitude de admisión a ciclos se desexas seguir estudando.

O pago de taxas pode facerse mediante dúas modalidades:

 Telemáticamente

O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/, os pasos a seguir son:

  • Cidadáns
  • Apartado: Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
  • Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
  • Iniciar taxa.
  • Introducir os datos da taxa
    • Os códigos a cubrir na taxa son:
      • 07-  Consellería de: Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
      • 13-  Delegación: Servizos Centrais
      • 03-  Servizo: Ensino Medio
      • 302003- Taxa: Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE
    • Obxecto do pago: Expedición do título de < ______________(Bachalelato, técnico de... para ciclos medios, técnico superior de... para ciclos superiores)> de < nome e apelidos>
    • Datos de pago:  A ingresar:
      • Título Tarifa normal Familia numerosa
        (categoría xeral)
        Familia numerosa
        (categoría especial)
        Duplicado
        Bacharelato 54,00€ 27,03€ 0 4,98€
        Técnico (ciclo medio) 22,07€ 11,06€ 0 2,55€
        Técnico superior (ciclo superior) 54,00€ 27,03€ 0 4,98€.

Unha vez feito o pago telemático podes:

  • Descargar o PDF do modelo 730 para envialo ao correo electrónico do centro: ies.puntacandieira@edu.xunta.galxunto coa fotocopia do DNI, co fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.
  • Ou ben imprimilo e achegalo xunto co DNI á Secretaría do Centro.

Presencialmente

Débese solicitar o impreso na Secretaría do IES Punta Candieira, a continuación terás que cubrir o impreso que se che entrega tal e como se indica  no seguinte enlace e os datos de pagamento da táboa seguinte:

Título Tarifa normal Familia numerosa
(categoría xeral)
Familia numerosa
(categoría especial)
Duplicado
Bacharelato 54,00€ 27,03€ 0 4,98€
Técnico (ciclo medio) 22,07€ 11,06€ 0 2,55€
Técnico superior (ciclo superior) 54,00€ 27,03€ 0 4,98€
 

 

Charla Primeiros auxilios

O mércores 3 de Maio celebrarónse unhas charlas de primeiros auxilios co alumnado de 1º cursos de Ciclos Formativos e de FP básica. Foron impartidas por Protección Civil e nelas tiveron a oportunidade de practicar a técnica de reanimación cardiopulmonar (RCP) e o manexo do desfribilador semiautomático.

 

Proba contrato en prácticas de Oficial administrativo/a na CRTVG

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. ven de convocar unha proba para un contrato en prácticas na categoría laboral de Oficial administrativo/a.
 
 
Neste enlace atoparedes toda a información da convocatoria:
 
 
Distribuir contido