1ª Charla con Empresarios da comarca

 

O 10 de Marzo o alumnado de 2º cursos de Ciclos Formativos participou nunhas charlas con empresarios da comarca: Nerea Guerreiro (Empresa Cámara Brava) emprendedora no mundo audiovisual e tecnolóxico, Raúl Lomba (Empresa Wave Moda) emprendedor no mundo do Surf e Pepe Breijo (Empresa PortalNorte) emprendedor no turismo de aventura na comarca.

 Trátase de acercar aos estudantes á realidade profesional coa finalidade de que coñezan as oportunidades que teñen para emprender, e de que podan canalizar os seus esforzos na consecución dos seus obxectivos.

 Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.

 

     

 

      

 

                                                                   

 

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: DÍA DE ROSALÍA

O IES "Punta Candieira" celebrou o día de Rosalía cun recital poético no que participaron diferentes membros da comunidade educativa.

 

  

 

 

O IES Punta Candieira presenta as bases da participación no primeiro concurso de Ideas Emprendedoras: 2 MINUTOS PARA A TÚA IDEA!

I Concurso de Ideas Emprendedoras: “2 minutos para a túa idea”

 

 

Se tes unha idea de negocio, o IES Punta Candieira convoca o I Concurso de ideas emprendedoras. - Pode participar todo o alumnado do Centro (matriculados no curso académico 22/23), individualmente ou en equipos de ata 4 participantes.

- O prazo de presentación de ideas é dende o 1 ata o 31 de marzo do 2023.

- Para inscribirse no Concurso: Enche o formulario que aparece no enlace: https://forms.gle/aR9V8N75e36zRQ9T6 ou ou a través do Qr que aparece no cartel do concurso que encontraredes polo centro ou aquí.

- Terás como máximo 2 minutos de tempo para facer a presentación da túa idea a través dun VIDEO que teredes que enviar coa inscrición.

- Hai tres categorías de participación, en cada unha delas premiaranse as dúas mellores ideas.

- A valoración das ideas se realizará polo xurado tendo en conta os seguintes criterios, valorados de 1 a 5 puntos:

       - Presentación da idea.

       - A idea satisface unha necesidade no mercado?.

       - A idea pode levarse á práctica (viable)?.

       - A idea é orixinal, innovadora e diferente?.

- Consulta aquí as bases do Concurso.

E o momento de que deas a coñecer a túa idea, realiza unha boa presentación!!!.

Ademáis, a túa idea poder ter premio €€€€€€€€.

 

 ANIMADEVOS A PARTICIPAR, ESPERAMOS AS VOSAS IDEAS!!!!

AS MELLORES IDEAS TEÑEN PREMIO!!!!!!!! €€€€€€€€€

 

                                                             

Obradoiros de emprendemento: "A Oratoria, unha competencia clave para o éxito profesional"

 

 O 24 de Febreiro celebráronse uns obradoiros co alumnado de Ciclos Formativos de FP Básica.

A hora de emprender, non soamente é necesario ter unha boa idea de negocio senón que tamén é saber comunicala. o obxectivo é facilitarlle ao alumnado unhas ferramentas e recursos de oratoria útiles para as súas presentacións de futuro e saber vender a súa idea de negocio.

 Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.

 

       

       

 

                                                                     

Calendario_Exames_PDA -2º CM Electricidade 2023

Prazas Vacantes ESO /Bacharelato Curso 2023/2024

PRAZAS VACANTES

 

1ºESO         5

2º ESO        2

3º ESO        21

4º ESO        14

 

1º BACH. CIENCIAS                7

1º BACH. HUM/CIENC.SOC    28

 

2º BACH. CIENCIAS                18

2º BACH. HUM/CIENC.SOC    30

 

 

Prazo solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo de 2023

Talleres de emprendemento: Preséntate de forma efectiva en só 1 minuto, coa técnica do Elevador Pitch

Ó 14 de febreiro celebráronse uns talleres co alumnado de 1º Bacharelato, Ciclos Formativos e FP Básica.

O obxectivo é aprender a preparar e presentar unha información (Proxecto de empresa, curriculum vitae...) que chame a atención de alguén en moi pouco tempo, aportando os datos precisos para empatizar co público obxectivo.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.

 

        

 

        

 

                                                                            

Calendario exámenes finais de marzo de 2º CS de Administración

Curso AFD

    

Oferta de emprego empresa Russula

 

 

 

 

Distribuir contido