Skip to Content
Versión para impresora

Inicio de curso 2023-2024

Inicio de curso 2023-2024

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE EMPEZA EN 1º ESO

LUNS DÍA 4 ÁS 13:30h

Salón de Actos

 

COMEZO DA ACTIVIDADE LECTIVA

LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2023

A presentación terá lugar no salón de actos do IES Ramón Cabanillas nas horas indicas na táboa. As clases desenvolveranse en horario normal ata as 14:30 e esa tarde do luns de 16:30 ata 18:15.

 

CURSO

HORA PRESENTACIÓN

1º ESO

8:50

2º ESO

10:00

3ºESO

10:20

4º ESO

10:40

1º BACHARELATO

12:00

2ºBACHARELATO

12:20

PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024 (CHEQUES DE MATERIAL)

PUBLICACIÓN DO LISTAXE DEFINITIVO

As listaxes definitivas de adxudicación dos chegues de material publicaranse no taboleiro interno do centro a partir do día 24 de xullo.

Poden recollerse as vales (cheques) de material a partir do día 24 de xullo de 2023 na administración do centro.

A entrega dos cheques realizarse dende o día 24 de xullo ata 31 de xullo, e do 1 de setembro ata o 20 de decembro de 2023.

O uso dos cheques (vales) nas librarías e establecementos adheridos será ata o día 10 de abril de 2024.

IES Ramón Cabanillas: Premio de Innovación Educativa

A Xunta recoñece oito centros polas súas accións innovadoras de fomento do uso da lingua galega

Trátase dos colexios de Reboreda de Redondela, A Solaina de Narón e Plurilingüe Antonio Orza de Boqueixón, dos institutos Ricardo Carvalho Calero de Ferrol, Martaguisela do Barco de Valdeorras e Ramón Cabanillas de Cambados e do Centro Integrado de FP Rodolfo Ucha de Ferrol

A maiores, concédeselle unha Mención de Honra ao Centro Integrado de FP Paseo das Pontes da Coruña

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40480

LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA-ESO

O noso centro mantense no Programa Edixgal, polo que o alumnado seguirá contando cun ordenador portátil dotado con libros dixitais na maioría das materias; e en base ao que marca a normativa vixente non terá acceso ás axudas de Fondo Libros.

O listado de libros para ESO aparece no arquivo adxunto. Os libros que non aparecen terán que falar có profesorado en setembro ou segundo as instrucións que figuran no listado.

BACHARELATO

O listado de libros para o vindeiro curso escolar atópase no arquivo adxunto. Os libros que non aparecen terán que falar có profesorado en setembro ou segundo as instrucións que figuran no listado.

Revista Follas Velaíñas. Número 1

 

Xa temos con nós o primeiro número da nosa revista.

Un proxecto que naceu grazas ao traballo e ás ideas do profesor Tobías Betanzos Rego, e do alumnado Aroa Dios, Mariña Doeste e Juan Paz. Tras meses de dedicación e de colaboracións de parte do alumnado e profesorado do centro, xa podemos compartila.

Mantemos as canles de comunicación abertas para recibir suxerencias, recomendacións, ou mesmo colaboracións xa para o seguinte número!

Esperamos que vos guste.

Bolsas NEAE

 

Bo día, familias.

Desde o 8 de maio ata o 20 de setembro pódese solicitar as BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO DO MEC para o vindeiro curso 2023 – 2024.

A súa tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica e entregarase o impreso resultante na secretaría do centro. O departamento de orientación do centro estará á vosa disposición para axudarvos nas dúbidas na tramitación.

Nas seguintes ligazóns tendes máis información:

BOLSA NEAE

SOLICITA AQUÍ A TÚA BOLSA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut