Skip to Content
Versión para impresora

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024 (CHEQUES DE MATERIAL)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 20 DE MAIO DE 2023 AO 21 DE XUÑO DE 2023

A convocatoria é de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en ESO (Procedemento ED330B). O alumnado matriculado nos centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/24 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar. As persoas beneficiarias están obrigadas a destinar o importe do vale para material, única e exclusivamente, a adquirir o material escolar que necesite para o curso 2023-2024.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O formulario de solicitude estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Tendo en conta o anterior, as solicitudes poden presentarse por 3 medios:

A) De xeito manual e presencial.

B) Con creación de solicitude na aplicación e presentación presencial.

C) Con creación de solicitude na aplicación e presentación electrónica.

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2023/24 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

As solicitudes deben levar a seguinte documentación independentemente do medio de formalización (vía electrónica ou presencial):

1. Solicitude (ED330B - Anexo I)

2. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

3. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

3.1º. Certificado ou volante de convivencia.

3.2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

4. Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

5. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

6. Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

7. Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

8. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

9. Outra documentación. Algunha desta documentación (DNI, NIE, certificado de discapacidade...) pode autorizarse na solicitude e non sería necesario presentar dita documentación.

LISTAXES E PROCEDEMENTOS

O lista provisional e definitivo de persoas beneficiarias publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Porase un aviso xeral na web cando corresponda. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación fondolibros. As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes posible, e en todo caso, ata o 10 de abril de 2024.

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

O IES Ramón Cabanillas prestará asesoramento ás persoas interesadas para facilitar que cubran as solicitudes de forma correcta. Cando as solicitudes e a documentación se presenten no centro, o persoal deste que as recolla comprobará que está toda a documentación. Para máis información poden consultar a aplicación de fondo libros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou no portal educativo da Xunta de Galicia (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924).

NORMATIVA APLICABLE

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19.05.2023). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.html

EXTRACTO da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0...

Preguntas Frecuentes. Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso escolar 2023/2024. https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/prv/XestionarFicheiro.do?DIALOG-EVENT-descargar&_nome=FNDLIB_PF_PreguntasFrecuentes_2023.pdf&_carpeta=fondolibros&_ext=PDF

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 e xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

NOTA INFORMATIVA SOBRE LISTADO DEFINITIVA BAREMACIÓN 1º ESO

INFORMAMOS a tódalas familias solicitantes de praza, para 1º de ESO, curso 2023/2024, a publicación do listado definitivo de admitidos. No taboleiro interno do centro pódese consultar a listaxe.

Xornadas de economía crítica

Co gallo do 50 aniversario do I.E.S. RAMÓN CABANILLAS, o departamento de Economía organiza unha serie de xornadas de Economía Crítica. A primeira delas estará a cargo do catedrático de ciencia política da Universidade Autónoma de Madrid, D. Carlols Taibo Arias, quen falará sobre o tema "Decrecemento económico e Colapso". Esta primeira intervención estará aberta ao público, xa que consideramos que os centros de ensino público deben estar abertos á toda a cidadanía na medida do posible, xa que é ésta a súa única propietaria.
O acto celebrarase o día 5 de maio ás 20:00 horas na Casa da Calzada (Exposalnés).

Entrada libre ata completar o aforo.

 

Bolsas MEC: Pide agora a túa bolsa

Bo día, familias.

Desde hoxe e ata o 17 maio pódese solicitar as BECAS do MEC para a realización de estudos postobrigatorios e universatarios (Universidade, Bacharelato, Ciclos de FP de grao básico, medio e superior, Escola de Idiomas, Ensinanzas artísticas e deportivas, etc.) para o vindeiro curso 2023 – 2024.

Ao igual que na convocatoria anterior, deberás cumprimentar a solicitude aínda que non saibas as notas, se titula ou non, ou que estudos realizarán o próximo curso. Estes datos serán provisionais e poderanse modificar máis adiante.

A súa tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica.

As BECAS NEAE aínda están pendentes de ser publicadas, e poden ser solicitadas xunto con estas becas xerais.

Nas seguintes ligazóns tendes máis información:

Máis información. Estudos NON universitarios

·   Máis información. Estudos UNIVERSITARIOS

SOLICITA AQUÍ A TÚA BECA

Por último lembrade que se tendes algunha dúbida está á vosa disposición o Departamento de Orientación.

NOTA IMPORTANTE SOBRE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2023-2024

-Non se debe confundir a ADMISIÓN coa MATRÍCULA.

-A admisión é só para o alumnado que se queira incorporar ó centro, no próximo curso 2023/24, procedente doutros centros.

-A matrícula é para todo o alumnado, o de nova incorporación e tamén para o que xa forma parte do IES RAMÓN CABANILLAS. Renóvase curso a curso, tódolos anos.

-O alumnado do centro non ten que realizar a admisión para seguir cursando estudios no IES RAMÓN CABANILLAS, só debe formalizar a matrícula ordinaria nos prazos establecidos que estarán expostos nos taboleiros do centro e na páxina Web.

-O alumnado de 1º de ESO procedente do CEIP de Corvillón e máis do CEP Antonio Magariños Pastoriza, xa ten praza adxudicada no centro e só ten que formalizar a matrícula nos prazos establecidos que estarán expostos nos taboleiros do centro e na páxina Web.

-No mes de xuño estará exposto o calendario de matrícula por cursos, tanto no Centro como na nosa páxina Web.

- Información da Consellería de Educación sobre admisión web.

NORMATIVA APLICABLE:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Escola de familias

 

Estimadas familias,

Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 12 de decembro ás 20.00 horas na biblioteca do instituto, aínda que desta volta, as formadoras estarán con nós xa dende as 19h30, para quen se queira unir antes. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

Desta volta imos abordar un tema que nos preocupa moito: a educación afectivo-sexual. Para axudarnos, contaremos coa presenza das educadoras Chis Olbeira e Amada Traba. Abordar o reto de educar o afectivo-sexual na adolescencia nunha época onde as pantallas nos dan acceso directo a todo tipo de contidos, onde o lugar do afectivo pasa a un plano máis secundario, é complexo. Por iso reflexionaremos xuntas/os sobre que podemos facer e como o podemos enfocar no noso día a día,

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto co centro e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo ó centro.

 

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 12 de decembro de 2022 ás 20.00 (ou ás 19h30)

Escola de familias

Estimadas familias,

Tras a boa acollida da Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas, dámoslle continuidade o vindeiro luns día 14 de novembro ás 20.00 horas na biblioteca do instituto.

Falaremos de comunicación, emocións e afectividade no acompañamento da adolescencia. 

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto con Silvia (a orientadora do centro) e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo á orientadora.

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

 

CANDO? O luns 14 de novembro de 2022 ás 20.00

Exposición na Biblioteca do Cabanillas

Este mes de outubro pódese visitar na Biblioteca do centro a recreación dunha aula dos anos 70. Ademais do mobiliario, cedido polo Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), pódense ver na mostra libros históricos do noso instituto e materiais do laboratorio de Física e Química e de Bioloxía e Xeoloxía. Esta mostra forma parte das actividades do cincuentenario do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut