Iniciar sesión

Secretaría virtual

Anuncios

Información interese E-Dixgal

O proxecto E-Dixgal conta cun equipo de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias relativas a centros, familias e profesorado. 

As canles de contacto que dispoñen os usuarios son as seguintes: 

  • Correo: soporte.premium@edu.xunta.es 
  • Teléfono: 881 86 90 00 
  • WhatsApp: 604 06 78 56 
  • Telegram: @Serviciopremiumedixgal

As familias que o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro anual (válido desde setembro de 2023 ata agosto de 2024), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. O custo anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e as familias poden realizar a contratación a través do número de teléfono 881 505 136. 

Transporte escolar curso 23/24

Nos arquivos adxuntos tedes as paradas de bus e a hora de paso na ida ao instituto. É aconsellable estar na parada 10 minutos antes da hora de paso establecida xa que o horario anterior é aproximado.

Comezo curso 23/24

Como sabemos que tedes moita ilusión porque rematen as vacacións e poder comezar o novo curso, aquí tedes o horario do primeiro día, que será o luns día 11 no salón de actos sen servizo de autobuses:

  • 1º e 2º ESO: comezo ás 10:00 e saída a partir das 11:30.
  • 3º e 4º ESO: comezo ás 11:00 e saída a partir das 12:00.
  • 1º e 2º bacharelato: comezo ás 12:00 e saída a partir das 13:00.

Este luns día 11 non haberá clase pola tarde.

A partir do martes día 12, horario normal con servizo de autobuses.

Premios ESO ao esforzo e á superación persoal

O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023.

Podedes acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.

Se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calquera medio válido en dereito.

No arquivo adxunto tedes unha ficha informativa sobre os premios.

Os últimos directores

Co gallo da xubilación de varios profesores do instituto, xuntáronse os directores que tivo o noso centro os últimos 25 anos. Aquí tedes unha foto feita para inmortalizar o momento. De esquerda a dereita: Pablo, Cándido, Olga, Eliseo e Portas. 

Entre os mellores das ABAU

Tal e como publica hoxe o xornal Faro de Vigo o noso instituto, o República Oriental do Uruguai (ROU), está entre os centros con maior porcentaxe de sobresaíntes nas ABAU deste ano.

Os nosos parabéns a ese excelente alumnado.

Datas de interese notas e posibles reclamacións

Indicámosvos datas de interese respecto á entrega de notas e posibles reclamacións:

2º bacharelato:

  • Avaliación + entrega de notas (Abalar + boletíns) + revisións de exames + entrega documentación ABAU extraordinaria: 22 de xuño (xoves)
  • Matrícula ABAU: 23 de xuño (venres)
  • Reclamación cualifiacións: 26 e 27 de xuño (luns e martes)
  • Comunicación resolucións reclamacións: 28 de xuño (mércores)
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: 29 e 30 de xuño (xoves e venres)

No arquivo adxunto tedes os modelos de reclamación (dispoñibles tamén no centro).

ESO e 1º bacharelato:

  • Avaliacións: 22 e 23 de xuño (xoves e venres)
  • Entrega de boletíns de cualificacións: 26 de xuño (luns) de 10:00 a 10:30 horas nas aulas de cada grupo.
  • Revisións de exames: 26 de xuño (luns) de 10:30 a 11:30 horas (despois da entrega de boletíns)
  • Publicación dixital de cualificacións: 23 de xuño (venres) ás 21:00 horas
  • Reclamación cualificacións: 26 e 27 de xuño (luns e martes)
  • Comunicación resolucións reclamacións: 28 de xuño (mércores)
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: 29 e 30 de xuño (xoves e venres)

No arquivo adxunto tedes os modelos de reclamación (dispoñibles tamén no centro).

Recepción Cónsul Xeral do Uruguai

Este luns o noso centro (representado polo director Pablo José Martínez Rodríguez) foi invitado polo señor Cónsul Xeral do Uruguai, Dr. Ramiro Rodríguez Bausero á Recepción no Salón Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, con motivo da celebración da Festa Nacional do Uruguai, que conmemora del 259º aniversario do natalicio do Prócer Nacional do Uruguai, xeneral José Gervasio Artigas.

A este acto acudiron numerosas autoridades politicas, culturais e socias tanto do Uruguai, como de Galicia e Asturias. Lembramos a toda a nosa comunidade educativa que hai 35 anos que o centro mudou o seu nome orixinal, Rosais I, polo actual, en conmemoración de todos os emigrante galegos e asturianos (mais de 40.000) que marcharon ao Uruguai en busca dunha vida mellor e alí formaron a súa familia.

Sendo este pais o receptor da maior cantidade de emigrantes galegos de toda América do Sur, non é de extrañar que en Montevideo exista unha Escola Galicia fundada por eles e que, moitos anos despois, os seus descendentes solicitasen ao goberno galego que un centro educativo representase a este Pais irmán. O nome actual do noso IES (e o Sol que atopamos polo centro) son as referencias claras e históricas desta relación intercultural e internacional tan enriquecedora.

Agadecemos dende aquí ao consulado do Uruguai esta invitación, a súa labor tan activa e o seu bo facer no mantemento destas relacións e que cada certo tempo visiten o noso centro onde serán sempre recibidos cos brazos abertos.

Calendario matrícula

Indicámosvos as datas de matrícula, pregando que se respecten para unha mellor organización da secretaría do centro. O horario será de 9:00 a 13:00 h.

Recordade que os sobres de matrícula están á venda na conserxería para poder cubrilos comodamente na casa e vir con toda a documentación en regra.

  • Matrícula 1º bacharelato: 26, 27 e 28 de xuño.
  • Matrícula 2º bacharelato: 28, 29 e 30 de xuño.
  • Matrícula 1º ESO: 3 de xullo.
  • Matrícula 2º ESO: 4 de xullo.
  • Matrícula 3º ESO: 5 de xullo.
  • Matrícula 4º ESO: 6 de xullo.

 

Distribuir contido