Iniciar sesión

Secretaría virtual

Anuncios

Información ABAU e título bacharel

Adxuntamos información que pode ser do voso interese sobre os impresos para a matrícula na ABAU e o depósito do título de bacharelato.

Os impresos son meramente informativos, os que vaiades utilizar xa se vos facilitarán nas datas correspondentes.

Información becas

No arquivo adxunto tedes información que consideramos de interese sobre a convocatoria de becas para estudos postobrigatorios.

Competencia dixital

Indicámosvos información que cremos pode ser do voso interese sobre a orde de competencia dixital e información sobre o marco galego de competencias dixitais.

Esta proba é voluntaria e  os niveis de competencias dixitais que se acreditan a través dos procedementos regulados son: iniciación e intermedio. Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais.

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.  O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse á proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

O alumnado de 4º de ESO que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.
O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril (bacharelato).  A proba específica que acredita o nivel intermedio (4º ESO) realizarase durante o mes de maio.

Convocatoria axudas formación linguas estranxeiras

Vense de publicar a orde na que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnado de primeiro e segundo de bacharelato:

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de marzo.

 

Viaxe didáctica neve 23/24

Como houbo varios de vos que non pudestes asistir á presentación da viaxe didáctica á neve para alumnado de segundo e terceiro de ESO, no arquivo adxunto tedes un pequeno resumo de dita presentación.

Axudas probas certificación nivel lingüístico

Informamos de que a Consellería oferta axudas para a realización de probas de certificación de nivel lingüístico (B1,B2 e C1) destinadas ao alumnado que estea a cursar na actualidade 4º da ESO, 1º ou 2º de BACH. Para que o centro xestione a solicitude de dita axuda, as familias interesadas terán que asinar a autorización que se lle remitirá aos seus fillos/as. O alumno/a fará entrega de dita folla asinada ao seu profesor/a de inglés ou francés con data límite: XOVES 26 DE OUTUBRO.

Modificación horario bus Benito García

É preciso establecer novos horarios (as paradas non se modifican) da liña que realiza Autocares Benito García. Nos arquivos adxuntos tedes estes novos horarios.

O cambio comezará mañá venres día 15 e manterase durante todo o curso.

Información interese E-Dixgal

O proxecto E-Dixgal conta cun equipo de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias relativas a centros, familias e profesorado. 

As canles de contacto que dispoñen os usuarios son as seguintes: 

  • Correo: soporte.premium@edu.xunta.es 
  • Teléfono: 881 86 90 00 
  • WhatsApp: 604 06 78 56 
  • Telegram: @Serviciopremiumedixgal

As familias que o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro anual (válido desde setembro de 2023 ata agosto de 2024), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. O custo anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e as familias poden realizar a contratación a través do número de teléfono 881 505 136. 

Transporte escolar curso 23/24

Nos arquivos adxuntos tedes as paradas de bus e a hora de paso na ida ao instituto. É aconsellable estar na parada 10 minutos antes da hora de paso establecida xa que o horario anterior é aproximado.

Distribuir contido