Iniciar sesión

Secretaría virtual

Lingua Galega

Paula Carballeira e o teatro no noso centro

Este martes 2 de abril, dentro das xornadas de encontros con autoras e autores organizada  pola Biblioteca e, neste caso, o departamento de Lingua Galega, visitounos PAULA CARBALLEIRA, autora da peza teatral As alumnas, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Participou o alumnado de 1° de bacharelato que leu a obra, xunto coa súa profesora Esther Quinteiro. Paula Carballeira contounos anécdotas sobre a creación, pescuda e recepción desta obra que trata sobre a educación da muller durante o franquismo e tamén sobre a amizade. Coa soltura que dá toda unha carreira literaria e vinculada ao teatro, respondeu as preguntas das e dos asistentes e  intercambiou pareceres e mesmo a interpretación dunha pasaxe connosco. Grazas Paula Carballeira por este encontro tan interesante.

Concurso de relatos terroríficos

O pasado mes a Biblioteca e o departamento de Lingua e Literatura Galega organizaron un Concurso de "Relatos terroríficos" para conmemorar o Samaín.

Velaquí os gañadores desta edición:

Categoría 1º, 2º e 3º de ESO: Diego Vicente co relato titulado "O xogo maldito".
Categoría 4º ESO - 1º e 2º Bacharelato: José Antonio Grande co relato titulado "As bocas do crocodilo".

Noraboa aos premiados e grazas a todos pola vosa participación!

Photocall 8M

Aquí tedes algunhas das fotos que fixo o alumnado de 4º ESO B cunhas mensaxes reivindicativas do Día da Muller.

               

Celebrando o día de Rosalía

Neste 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no instituto. O alumnado de 1º da ESO (na foto vemos a Adrián, Candela, Marina e Isabella) plantou unha roseira  conmemorativa e leu poemas da autora. A natureza e paisaxe son un motivo recorrente na obra de Rosalía de Castro, ben sexa cun valor simbólico, como a rosa, ou como expresión do galeguismo e dos sentimentos.

Tamén gravamos na Radio un podcast centrado en Rosalía e este aspecto temático da súa obra no que participou alumnado de 4º ESO (Antón e Leo) e 2º Bacharelato (Uxía e Eva).

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Poesía no ROU

Velaquí unha mostra de que no noso instituto hai poesía e poetas. En primeiro da ESO dedicamos unhas cantas clases a xogar coas palabras e as figuras literarias para expresar sentimentos e ideas sobre o noso día a día no instituto e o que pasa ao noso redor.

Logo editamos os nosos propios poemarios. Tivemos que ver que partes compoñen un libro e decidir tamaño, títulos, cores, portadas etc. 

Estes dezaoito libros recollen o noso traballo, as nosas ideas, o que sentimos e toda a nosa creatividade.

Esperamos que vos gusten!

Se facedes clic nas diferentes miniaturas poderedes apreciar cada un destes excelentes traballos, coordinados polo profesor do Departamento de Lingua Galega Xosé Ramón Alonso Priegue.

Tamén os tedes no arquivo adxunto.

FE DE ERROS: no libro “O noso instituto” falta a mención dun dos autores: Miguel Dafonte (1ºESO-A)

 

           
           
           

Regueifando

Alumnos de 1º da ESO do noso centro participaron no XI Certame Escolar de Regueifas, onde un dos nosos, Rubén Domínguez Rodríguez,  quedou finalista.

Queredes ver que tal o fixeron? Pois facece clic na seguinte imaxe e o comprobaredes.

Celebración día das Letras Galegas

No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra do que aconteceu no noso instituto o día das Letras Galegas.

LETRAS GALEGAS ROU 2018 from IES ROU on Vimeo.

O Día das Letras Galegas

Co gallo do Día das Letras Galegas, Sofía tráenos un vídeo onde a lingua,  a música e a paisaxe son as verdadeiras protagonistas.

EN GALEGO from IES ROU on Vimeo.

Pedro Feijoo no noso centro

O escritor Pedro Feijoo (autor de libros como "Os fillos do mar", "A memoria da choiva" ou "Morena, perigosa e romántica" e galardoado co premio Arcebispo Juan de Clemente) estivo esta semana no noso instituto mantendo un coloquio con alumnado de primeiro e segundo de bacharelato. Nesta xuntanza púxose de manifesto a gran complicidade que existe entre o escritor e os seus lectores.

Agradecémoslle a Pedro Feijoo a súa presenza no noso centro.

Aquí tedes algunhas fotos do acto:

 

 
Distribuir contido