Iniciar sesión

Secretaría virtual

O Barroco no ROU

Xornada de portas abertas

Celebrouse no noso centro unha xornada de portas abertas, onde as familias puideron ver o que se fai no instituto. Como xa sabedes, o Barroco é a época que estamos traballando este ano, por iso todo xirou arredor del. Aquí tedes un vídeo que resume o que foi esta xornada. 

Xornada de portas abertas from IES ROU on Vimeo.

Que é o Barroco?

Como sabedes, durante este curso estamos traballando sobre o Barroco. Pero que é o Barroco? Se facedes clic na foto de abaixo Diego Guisande volo contará dun xeito moi divertido.

 

O Barroco entra no ROU

O noso centro abre as portas ao Barroco, dentro do proxecto "O libro nos camiños da cultura occidental". Tal e como se fixera coa Idade Media e co Renacemento, tócalle agora o turno ao Barroco, unha das máis interesantes e complexas épocas da arte.

Isto promete

O alumnado de segundo ESO levará a escena tres entremeses, pezas teatrais cómicas, nun acto, que se representaban entre o primeiro e segundo acto das obras do teatro clásico español.

Estes entremeses son: "El retablo de las maravillas" de Miguel de Cervantes, "El viejo celoso", de Miguel de Cervantes e "Tierra de Jauja" de Lope de Rueda.

No seguinte vídeo tedes un avance de como marchan as cousas.

Ensayos teatro from matesrou on Vimeo.

A esgrima a través dos tempos

O luns tivo lugar no noso centro, organizado polo Departamento de Educación Física, unha exhibición de esgrima, onde nos explicaron a súa evolución a través dos tempos. Contamos coa presenza, entre outros, de Rosa Cano Diosa (medalla de bronce europeo, ouro en tres ocasións na Copa América e cinco veces campiona de España) e de Ricardo Soto Caride (campión de España de Tai Chi e especialista en esgrima histórica).

Repasaron a evolución de desta disciplina a través dos tempos, desde as gladio románs ata a esgrima moderna, cuxa base foi a española "espada ropera" que, como o seu nome indica, era un adorno que se levaba na roupa, para moda e defensa persoal.

No seguinte vídeo tedes unha escolma desta interesantísima actividade.

A esgrima a través dos tempos from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido