Iniciar sesión

Secretaría virtual

Feito polas Seccións Bilingües

The perks of being a wallflower

Dentro do proxecto “O libro nos camiños da cultura occidental, século XXI”, aquí tedes un vídeo que recolle actividades levadas a cabo por o grupo de Sección Bilingüe de 4º ESO, coordinadas pola profesora Palmira Calvar, relacionadas coa lectura da obra "The perks of being a wallflower" de Stephen Chboski.

Back to the twenties

Xuntámosvos un vídeo dun proxecto conxunto de dos departamentos de Xeografía e Historia e Inglés en 4 ESO. O alumnado, coordinado polas profesoras Mercedes Martín en Palmira Calvar, fai unha comparativa dalgún aspecto da sociedade dos anos vinte do século pasado coa situación actual usando a súa propia imaxe.

A lectura, tamén en inglés

Este curso un grupo de alumnos de 3 ESO, coordinados pola profesora do departamento de inglés, Palmira Calvar, leu The Breadwinner da escritora canadiana Deborah Ellis. Se facedes clic na imaxe teredes un pequeno vídeo sobre este proceso  e a interesante historia que se narra neste libro.

 

Biographies

No seguinte vídeo, alumnado da sección bilingüe de 1º ESO, baixo a coordinación da profesora Palmira Calvar, descúbrenos unhas máis que interesantes biografías. 

O que facemos nas Seccións Bilingües

É un sinal de identidade do noso centro o potenciar ao máximo as posibilidades do noso alumnado. Un dos aspectos que consideramos fundamental é o de fomentar o estudo das linguas. Dentro das ferrramentas que temos para que o noso alumnado acade un adecuado dominio do inglés atópanse as Seccións Bilingües. No seguinte vídeo podedes ver como se levan a cabo.

Bilingual Sections from matesrou on Vimeo.

O reto do manequín

O alumnnado da Sección Bilingüe de Física e Química de 2º ESO levou a cabo o reto do manequín. Botádelle unha ollada ao vídeo para ver como lles foi.

Mannequin challenge from matesrou on Vimeo.

O efecto invernadoiro

Queredes saber en que consiste o efecto invernadoiro? E algúns consellos para aforrar enerxía? Neste vídeo, Emily, da Sección Bilingüe en Ciencias da Naureza, volo explica. Podedes aproveitar tamén para practicar o voso inglés.

Inmersión lingüística

 

O alumnado das Seccións Bilingües de 2º da ESO participou durante unha semana nun programa de inmersión lingüística levado a cabo no centro de excelencia dos Peares.

 

Muros virtuais

Aquí tedes un de exemplo de muro virtual feito polo alumnado da Sección Bilingüe de 2º ESO como unha das actividades da nosa participación no proxecto Recíclate con SOGAMA.

Distribuir contido