Iniciar sesión

Secretaría virtual

PLAMBE

Entrevistas de ida e volta

Ao longo da segunda avaliación deste curso, na materia de Proxecto Competencial en 2º ESO B, organizamos unha visita á residencia de maiores Domus Vigo, preto do noso instituto, có obxectivo de facer entrevistas a residentes que tivesen a xenerosidade de compartir o seu tempo connosco.

A idea era facerlles unha entrevista na que os alumnos coñecesen como era a nenez e a adolescencia nun mundo que xa non existe: os estudos, os xogos, os amigos… A conversa foi tan interesante que pasou a outros temas como a emigración (onde foron e por que, durante canto tempo, como foi a súa vida alí, etc). Para todos resultou unha experiencia moi interesante.

Tan interesante que desde a residencia propuxéronnos repetir cunha entrevista no noso centro, na que os residentes fosen quenes entrevistasen aos nosos alumnos, para coñecer como era a súa vida sen os prexuizos que hoxe hai na sociedade: só móviles, sen intereses, moi sensibles á frustración… O resultado foi unha unha experiencia enriquecedora na que puidemos profundizar no coñecemento da dosa comunidade e na importancia da inclusión.

O Día Mundial da Arte

Cada ano, o 15 de abril, a celebración do Día Mundial da Arte contribúe a reforzar os vínculos entre as creacións artísticas e a sociedade, a fomentar unha maior conciencia da diversidade das expresións artísticas e a entender a cultura como camiño cara a unha educación inclusiva e equitativa. Dende o ROU as alumnas de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, escolleron unha serie de murais do proxecto Vigo, cidade de cor e vencelláronos aos versos de distintas poetas contemporáneas.

Xincana pola igualdade

As alumnas e alumnos de 1º e 3º de ESO participaron nunha Xincana pola Igualdade coordinada polos equipos de Igualdade e da Biblioteca.

Neste caso afondamos en contidos relacionados co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 5, Igualdade entre xéneros. A xincana desenvolveuse entre os espazos da Ágora e da Biblioteca, onde puxeron en práctica a súa destreza buscando nos fondos da nosa colección.

 

Canto CO2 hai no teu armario?

Coordinado por Dolores Solla do Departamento de Economía e co alumnado de 4º ESO de economía: Iago Álvarez, Gabriel Fernández, Iván Iglesias, Lucía Pérez, Irene Román, Uxía Soto, Emily Villegas.

 

O primeiro que fixeron foi ser conscientes da roupa que tiñan no seu armario para o que contaron o número de camisetas que tiñan e obtiveron unha media da clase dunhas 16 camisetas por alumno/a. 

Logo, dado que la maioría das fábricas téxtiles están en China, buscaron unha delas para calcular os quilómetros ata España, a os que engadíronlle os quilómetros do campo onde se produce o algodón, onde se tingue e onde se etiqueta.

 

Tamén buscaron o consumo de auga que supón producir unha camiseta e os pesticidas para os campos. 

 

Unha vez calcularon todo o consumo de CO2 trataron de facer unha equivalencia entendible para que non se visen so números.


 

Dinámica dos cubos

Todo o alumnado de 1º de Bacharelato participou nesta actividade, organizada pola profesora de Filosofía Mar Hospido, co obxectivo de afondar nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODD1 (Fin da pobreza); ODD8 (Traballo decente e crecemento económico) e ODD10 (Redución das desigualdades). Cada grupo, por separado, reuniuse na Biblioteca do centro onde tiñan que organizarse en 4 grupos diferentes. Según representasen países con maior ou menor riqueza recibían una cantidade de material (cartulinas, tixolas, regras, lápices e fixo) e debían competir entre eles para ver quen lograba facer máis cubos de 8 cm en 50 minutos. Os grupos podían intercambiarse o material. A dinámica deixou en evidencia que aqueles grupos (países) con mais tecnoloxía tiñan unha clara ventaxa independentemente do esforzo e cualidades individuais, e que os alumnos/as dos grupos mais “pobres” cando por fin conseguían o material necesario para traballar o facían igual de ben que os demais. Durante a actividad fixéronse fotos coas que logo se montaron catro cubos, un por cada grupo de bacharelato.

Consumo insostíbel

O alumnado de 1º de Bacharelato, na materia de Bioloxía e Xeoloxía e coordinados polo profesor Rubén Borrajo do Departamento de Bioloxía, realizou unha análise da problemática medioambiental relacionada co consumo. Estudou como o actual modelo de comercio global e produción capitalista causa o deterioro do medio ambiente. Analizáronse os modos de produción, a produción alimentaria, o transporte, a deslocalización e o estilo de vida consumista propio das sociedades do primeiro mundo e o impacto ambiental derivado. Relacionáronse todos estes aspectos co incremento do cambio climático. Analizáronse 10 documentais e unha curtametraxe e realizáronse pósters explicativos deles.

Nos arquivos adxuntos tedes un resumo deste traballo.

Mercado solidario

Coordinado pola profesora Palmira Calvar, do Departamento de ingés. Durante unha semana o alumnado e o profesorado do ROU tivo a posibilidade de intercambiar roupa nun mercado orgaizado na ágora coa roupa que foron traendo nas semanas anteriores e pola que recibían vales para intercambiar por roupa no mercado. A roupa sobrante donouse a Cáritas de Teis. A actividade enmárcase dentro do ODD12 Producción e consumo responsable do noso PLAMBE "2030: unha odisea no ROU".

 

Fast fashion

2030, unha odisea no ROU, é un proxecto elaborado no Instituto República Oriental de Uruguai onde reflexionamos sobre as implicacións que ten nas nosas vidas a actual industria téxtil, centrándonos nos aspectos como coñecer que é a fast fashión, os problemas laborais e os problemas medioambientais desta industria. Nas seguintes imaxes podemos ver o traballo feito polos cursos 3º ESO A e 3ºESO B non bilingües, que realizaron unha pequena labor de investigación para crear dous murais expostos na ágora do instituto para que toda a comunidade educativa poida coñecer e aprender un pouco sobre as problemáticas da industria xa mencionadas.

 

Fast fashion

O alumnado de francés de 1º de BACH B/C elaborou varios traballos de investigación en torno á Fast fashion. Este proxecto enmárcase dentro do noso PLAMBE " 2030 Unha odisea no ROU" que este curso xirou en torno o ODD12- Consumo e produción responsables. Parabéns para elas e eles polas súas conlusións que denotan o seu compromiso co mundo que nos rodea a súas ganas de melloralo.

Facede clic na imaxe e accederedes.

The Whale

O xoves 9 de marzo o alumnado do IES ROU das materias de Psicoloxía, Anatomía Aplicada e Antropoloxía acudiu aos cines Yelmo do CC Vialia para a visualización da película "The Whale" en versión orixinal. A actividade estivo coordinada pola Biblioteca do noso centro.

Distribuir contido