Iniciar sesión

Secretaría virtual

O medievo no ROU

A coroación de Carlomagno

No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra da recreación que fixo o alumnado de 2º ESO da coroación de Carlomagno.

La coronación de Carlomagno from matesrou on Vimeo.

Artefactos do medievo

O alumnado de 4º Div coa súa profesora Mari Carmen Domínguez fixo un extraordinario traballo reproducindo moitos artefactos da época medieval. Podedes velos no seguinte vídeo.

Artefactos idade media from matesrou on Vimeo.

Alfonso X e o ROU

Inaugurouse no centro unha exposición titulada Alfonso X, un home moderno no século XIII. Esta exposición forma parte do proxecto O libro nos camiños da cultura occidental, coordinado polo grupo de traballo da biblioteca do instituto. Este curso comezamos coa Idade Media. Escolleuse a figura de Alfonso X debido a actualidade dos preceptos que rexían a Escola de Tradutores de Toledo: interdisciplinariedade, traballo en equipo e fusión de culturas. Podedes ver un vídeo da exposición levada a cabo polo alumnado de 3º ESO e coordinada pola profesora de lingua castelá Estela Lago.

Alfonso X: un hombre moderno en el siglo XIII from matesrou on Vimeo.

Uns grandes artistas

Aquí tedes unha mostra dos rosetóns feitos polo alumnado de cuarto da ESO e coordinados por Carmen Yunta. Igualiños aos feitos polos arquitectos das catedrais da idade media.

Rosetones 4º ESO from matesrou on Vimeo.

Notre Dame cabe no noso instituto

Aquí podedes apreciar o estupendo traballo que fixeron os alumnos de francés de 2º BAC, baixo a coordinación da profesora Henar Pascual, reproducindo a escala a catedral de Notre Dame e deseñando uns paneis sobre as catedrais francesas.

Notre Dame from matesrou on Vimeo.

Os dragóns toman o ROU

Neste vídeo podedes ver un resumo da visita da escritora Elena Gallego Abad e os doces que fixeron os seus entusiastas lectores. 

vídeo visita autora from matesrou on Vimeo.

A idade media marca a páxina

Aquí tedes os traballos de "bookmarks" feitos por alumnado do centro coordinados pola profe de inglés María José Izquierdo.

 

película bookmarks 2 from matesrou on Vimeo.

Un tirarrollas medieval

No Tirarrollas de Rosa Martínez podedes atopar un montón curiosidades relacionadas co medievo.

Animádevos e facede clic na imaxe.

Unha horta moi letrada

Nesta parte do blog de Rosa Romero podedes ver moitísimos aspectos relacionados coa idade media: a sociedade, os costumes, a literatura, a arte...

Se facedes clic enriba da imaxe o descubriredes. 

Distribuir contido