Iniciar sesión

Secretaría virtual

Tecnoloxia

ROUSAT, uha odisea no ROU

Alumnado de 2º Bacharelato do noso  IES  está construindo o ROUSAT-01, para participar no CanSat 2024.

O desafío CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.

Aquí tedes algunha imaxe do comezo do proxecto.

 

Exposición STEMbach

Onte tivo lugar na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da UVigo a lectura do traballo de STEMbach Estudio de biomasa algal residual como fuente de biocombustible por parte do alumno de segundo de bacharelato, Gonzalo Chorén. 

Na foto podemos ver ao alumno xunto á directora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, Elena Alonso, e os profesores da Escola María Salomé Álvarez e Francisco Javier Deive (titor do proxecto), así como os profesores do noso instituto María Méndez (coordinadora STEM), Victoria Alonso e Pablo José Martínez (director). O noso agradecemento a todos eles.

Parabéns por un traballo ben feito. 

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Programación curso 2021-22

No arquivo adxunto tedes a programación correspondente ao curso 2021-22.

Traballos 4º ESO TIC

Aquí tedes unha mostra de algúns dos gif animados que fixeron os alumnos de 4º ESO na materia de TIC. Que vos divirtades.

Estándares de aprendizaxe curso 2019/20

No arquivo adxunto tedes os estándares de aprendizaxe correspondentes ao curso 2019/20.

Obradorio "Historia das telecomunicacións"

O alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e o de Ciencias de 1º de Bacharelato asistiu a un obradoiro sobre a "Historia das telecomunicacións". Enviaron mensaxes utilizando o Código Morse, viron como eran os teléfonos que usaban durante a Primeira Guerra Mundial e que tecnoloxía utilizaban, analizaron os terminaís dos telefonos móbiles desde a xeración 1G ata a 5G... Tamén fixeron unha práctica con fibra óptica, comprobando como se transmite o sinal e como vai o cableado. Por certo, sabedes cal é a avaría máis frecuente nos cables submarinos de fibra óptica?

Membros do Departamento de Tecnoloxía

Victoria Alonso Goyanes

Osvaldo Lázaro Gutiérrez Pérez

Patricia Rodríguez Carnero

Distribuir contido