Iniciar sesión

Secretaría virtual

Orientación

Becas alumnado apoio educativo

Veñen de ser vonvocadas por parte do Ministerio de Educación e Formación Profesional as becas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de presentación das solicitudes é do 8 de maio ao 20 de setembro.

Podedes acceder a máis información facendo clic no seguinte enlace.

Información

Se facedes clic na imaxe accederedes a información que pode ser do voso interese.

Información alumnado 2º BAC

Despois da ABAU iniciamos o ben merecido período vacacional. Adxuntamos un resumo con información do voso interese: prazos para solicitar residencia universitaria, bolsas e axudas, preinscrición e matriculación no Sistema Universitario de Galicia (S.U.G) ...

Acoséllase estar moi pendente das datas e prazos indicados!

Anexamos tamén a última actualización de oferta de prazas e titulacións para o curso 2020-21 no S.U.G.

Moita sorte!

Información CIUG 2º bacharelato

A CIUG publicou información importante para a matrícula na ABAU 2020 no enlace https://ciug.gal/gal/abau. Recoméndase que a leades con detalle.

Convocatoria

Adxunto resumo da ABAU 2020 esperando vos sexa de utilidade.

Se tedes algunha dúbida ou inquedanza, podedes deixar recado no teléfono do IES para concertar cita previa presencial martes e xoves ou no email: orientacion.rou@gmail.com.

Moito ánimo a todos e a todas.

Departamento de orientación.

Novos modelos de exame ABAU 2020

A Comisión Interuniversitaria de Galicia acaba de publicar os novos modelos de exame das diferentes materias da ABAU 2020.

Toda a información no enlace:

https://ciug.gal/gal/abau/modelos e páxina Web da CiUG

https://ciug.gal/gal no Pos-it: probas de acceso a Universidade.

O estudo durante a corentena

O departamento de orientación e os titores e titoras do IES ROU envianvos uns pequenos consellos para mellorar o plan de traballo na casa. Recordade nunca é tarde para mellorar a organización do teu estudo. ¡Moito ánimo!

Se fas clic na imaxe poderás acceder a eles.

Xornada virtual de portas abertas da Universidade da Coruña

A UDC abre as súas portas para que as futuras e futuros estudantes universitarios a coñezan. Poderedes interactuar coas súa persoas responsables e informarvos de titulacións, residencias, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntariado, UDC internacional… presentados a través de videoconferencias, audiovisuais, con puntos de información xeral e consulta sobre a admisión.

O Xoves 23 e o venres 24 de abril ábrese o acceso a toda a información das Xornadas, nas que figuran agr upados por ramas de coñecemento os 41 graos, 7 programas de simultaneidade e 2 graos abertos.

Na ligazón:https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/

E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

Información importante do Departamento de Orientación

Se facedes clic na imaxe teredes acceso a un arquivo importante sobre o funcionamento do Departamento de Orientación durante estes días.

Equipo de mediación

O curso pasado púxose en marcha o Equipo de Mediación do IES ROU. Este ano comezamos con máis forza e renovados/as. Podemos axudar a resolver conflitos e a mellorar as relacións entre iguais mediante a fala.

Estamos dispost@s a escoitarte!

II Xornadas de Orientación Académica e Profesional

O día 2 recibimos información relacionada coas probas de acceso á universidade (ABAU): inscrición, tipo de probas, notas de corte, inscrición á universidade… Os representantes da USC e da UVigo achegáronse ó noso centro para falarnos da oferta de graos en cada unha das universidades, bolsas de estudo, residencias universitarias, oferta de actividades de lecer…

O día 3 de marzo, a información facilitada versou sobre a FP dual: requisitos, prazos de matrícula, duración, vantaxes... A continuación, a representante da UDC, detallounos a oferta de graos, mobilidade, vida no campus e outras cuestións de interese para o alumnado do noso instituto.

Agradecemos a todos estes representantes das universidades a súa presenza no noso centro.

Distribuir contido