Iniciar sesión

Secretaría virtual

Física e química

Noraboa!

Temos que felicitar aos participantes no I Concurso de Robots, celebrado na Escola de Enxeñería Industrial, polo seu traballo. Competiron con moita dignidade, incluso un dos equipos conseguiu chegar á final.

Aquí tedes un pequeno vídeo coa historia da nosa participación.

 

Roubots from matesrou on Vimeo.

A Física de Partículas no noso instituto

 

O luns, día 23, tivo lugar no noso instituto unha conferencia impartida polo catedrático da USC Bernardo Andeva Andany. O tema era a Física de Partículas e o alumnado puido coñecer de primeira man as experiencias que se levan a cabo no Gran Colisionador de Hadróns. Agradecemos ao profesor Andeva a súa presenza e a visión positiva dos proxectos nos que teñen unha participación activa moitos investigadores galegos.

 

Cristais de ácido acetilsalicílico (aspirina)

Queredes ver uns cristais preciosos de ácido acetilsalicílico? Fíxoos Carmen, do Departamento de Física e Química e fotografiounos Javier, do Departamento de Bioloxía.

Fotos

Membros do Departamento de Física e Química

Cándido Carrera Vázquez

María Méndez Pérez

María Collazo Ageitos

Distribuir contido