Iniciar sesión

Secretaría virtual

Orientación

Cine inclusivo

Alumnado da ESO do noso centro asistiu ao IV Festival de Cine Inclusivo de Vigo, organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo.

A finalidade deste festival é sensibilizar sobre a importancia da inclusión de todos os colectivos na nosa sociedade.

Ponderación materias ABAU

Publicado no DOG de 27 de maio a  resolución na que se establecen os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2019/20. Dende o IES ROU desexámosvos moitísima sorte.

No seguinte enlace podes consultar toda a información.

Enlace parámetros de ponderación

Información importante alumnado 2º BAC

A CIUG acaba de publicar información importante para a matrícula na ABAU 2019. Recoméndamovos que leades o documento completo. O documento contén a seguinte información: 

  • Calendario.
  • A documentación para a matrícula.
  • Casuísticas de alumnado que se pode presentar á proba, tanto se a ten que facer obrigatoriamente como de xeito voluntario. 
  • Comisións delegadas cos lugares de realización da proba.
  • Comisións delegadas especiais para o alumnado con discapacidade e/ou con Necesidades Educativas Especiais. 
  • Direccións dos LERDs (Lugares de entrega e recollida de documentación).
  • Como proceder para realizar reclamación ou dobre corrección.
  • Taxas de exame.  
  • Horarios dos exames.
Se tedes algunha dúbida ou inquedanza, pasade polo Departamento de Orientación.

Calendario oficial ABAU

Publicado na páxina web da CiUG  o cartel do calendario oficial para a ABAU e o acceso á universidade para o curso 2019-2020. Tamén dispoñible no taboleiro de anuncios do noso instituto. Estade atentos ós prazos e datas de inscripción, así como ás diferentes publicacións.

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a dito cartel.

Xornadas de Orientación Académica e Profesional

A pasada semana, e dentro do Plano de Orientación Acedémica e Profesional do noso centro, celebráronse as I Xornadas de Orientación Académica e Profesional do IES ROU, destinadas a alumnado de Bacharelato.

O día 13 recibimos unha ampla información impartida por representantes das Universidades galegas que se achegaron ó noso centro para falarnos de sistemas de acceso, oferta de graos en cada unha das universidades, bolsas de estudo, residencias universitarias, oferta de actividades de lecer…

O 14 de marzo, Iván Area, en representación da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), explicounos todo o relacionado coas probas de acceso á universdade (ABAU): incrición ás probas, tipo de probas, notas de corte e notas de acceso, inscrición á universidade, listados de espera…

Dende aquí, queremos agradecer a todolos asistentes e oradores pola boa acollida e interese que suscitaron as Xornadas.

Datas ABAU

Publicada na páxina da CiuG as datas para a realización das probas de Acceso á Universidade no curso 2018-2019 (datas provisionais, pendentes de publicación no DOG). Se facedes clic na imaxe obteredes a información completa. Xa queda menos! Ánimo.

 

Instruccións ABAU

Como todo o alumnado de segundo de bacharelato vai aprobar, adxuntamos un enlace para que podades acceder ás instruccións para a realización de dita proba.

Instruccións ABAU 2019

Ánimo, que xa queda pouco!

Axudas para formación en linguas estranxeiras

Tedes a oportunidade de mellorar a vosa competencia en linguas estranxeiras, xa que a Xunta de Galicia ven de convocar unhas axudas para estadías que vos van permitir dita mellora.

Están convocadas para alumnado desde primeiro da ESO ata segundo de bacharelato.

Se precisades máis información podedes facer clic no seguinte enlace.

Axudas linguas estranxeiras

Animádevos.

O ROU contra a violencia de xénero

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder ao traballo desenvolvido polo alumnado de 4º ESO sobre a violencia de xénero.

Unha moi boa experiencia

No seguinte vídeo tedes unha escolma das actividades que levou a cabo o alumnado de terceiro da ESO do noso instituto dentro do programa Quérote+, pertencente ao Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

ies from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido