Iniciar sesión

Secretaría virtual

Xeografía e Historia

Xenocidios no século XX

Se facedes clic na imaxe, poderedes ver o traballo feito polo alumnado de 1º BAC E e F, coordinados polo seu profesor de Historial do Mundo Contemporáneo, Carlos Lixó, sobre xenocidios no século XX.

 

Al Andalus

Queredes ver o excelente traballo de investigación que fixeron catro alumnos de 2º ESO coordinados polo profesor Carlos Lixó?

Facede clic na imaxe e accederedes a él.

Os lugares especiais de Galiza

Queredes ver os lugares favoritos para o alumnado de segundo da ESO? Pois botádelle unha ollada a este libro. Sen dúbida son fermosos e cheos de encanto, escollidos por estes rapaces e rapazas baixo a coordinación da súa profesora, Nela. Os nosos parabéns.

Facede clic na imaxe e os descubriredes.

 

A Gran Guerra

Non moi a miúdo temos a oportunidade de estar explicando un acontecemento histórico e que de xeito simultáneo se proxecte no cine unha película histórica relacionada co tema; menos ainda que sexa unha película prácticamente perfecta desde o punto de vista histórico. Desde xeito, o alumnado de 4º ESO e de Ciencias Sociais e Humanidades de 1º de Bacharelato tivo ocasión de acudir o día 31 de xaneiro ao cine a ver “1917” (V.O.S.E.) para achegarse un pouco máis a un conflicto que os propios contemporáneos denominaron a Gran Guerra: a Primeira Guerra Mundial.

As trincheiras, unha extremadamente realista “terra de ningúen” e a tensión da fronte de guerra cobraron deste xeito vida para os cen alumnos que acudiron a actividade organizada polas profesoras de 4º ESO Nela Ordóñez e Rosa del Río e acompañados polos profesores Xulio Banga e Loli Solla e a axudante de conversa Katie Maurer. Dende aquí damos as grazas ao Multicines Norte por abrirnos as portas en sesión matinal e tratarnos tan ben.

Quattrocento e Cinquecento

No seguinte vídeo podedes ver a exposición de pintura, escultura e arquitectura do Renacemento, coordinada polo profesor Felipe Garrido.

Quattrocento e Cinquecento from matesrou on Vimeo.

A coroación de Carlomagno

No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra da recreación que fixo o alumnado de 2º ESO da coroación de Carlomagno.

La coronación de Carlomagno from matesrou on Vimeo.

Membros do Departamento

José Emilio Gómez Fernández

Alfonso Álvarez Canella

Lucía Forno Díaz

Antonio Luis Rol Benito

María Vicente González

 

Distribuir contido