Iniciar sesión

Secretaría virtual

Anuncios

Exames materias pendentes 1º bacharelato

Aquí tedes o calendario de materias pendentes de primeiro de bacharelato. Que haxa moita sorte!

Presentación alumnado e familias 6º primaria

Aquí tedes unha pequena presentación para que vos fagades unha idea do que é o noso centro. 

Powered by emaze

Tríptico inicio curso

No arquivo adxunto tedes o tríptico que se entregou ás familias ao comezo do curso. Nel tedes información que vos pode ser de utilidade.

O noso Bacharelato de Excelencia STEM no Faro de Vigo

Se facedes clic no seguinte enlace poderedes acceder á noticia que publicou o Faro de Vigo sobre o noso Bacharelato de Excelencia STEM.

Bacharelato de excelencia

O noso instituto ven de ser autorizado (único centro educativo autorizado en Vigo) para implantar o Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach). Este bacharelato comtribuirá a favorecer no alumnado o afondamento nas competencias en matemáticas e ciencia e tecnoloxía e realizará actividades de formación organizadas en colaboración con universidades, así como un proxecto de investigación.

Fondo solidario libro de texto 18/19

Nos arquivos adxuntos tedes as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2018/19

  • O prazo para reclamar as listaxes provisionais remata o 16 de xullo.
  • As listaxes definitivas publicaranse o 14 de setembro.

Calendario exames setembro

No arquivo adxunto tedes o calendario de exames de setembro. Darlle duro este verán e xa veredes como aprobades.

Convocatoria axudas estudos no estranxeiro

A Consellería de Educación ven de convocar axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras (en particular inglés ou francés). Ditas actividades levaríanse a cabo durante este verán e a elas pode optar alumnado de ESO e bacharelato. Animádevos!

Ciclo de conferencias no ROU

Durante o mes de novembro terá lugar no noso instituto un ciclo de conferencias sobre as mulleres de Vigo durante a Restauración e a II República. Podedes ter máis información se facedes clic na imaxe. Esperamos a vosa presenza.

Un visión do centro

Se queredes ter unha idea xeral do funcionamento do noso instituto podedes visitar o seguinte enlace (ou mellor aínda, visitarnos persoalmente).

VISIÓN XERAL DO IES ROU

Distribuir contido