Iniciar sesión

Secretaría virtual

Outras actividades biblioteca

Actividades biblioteca

O Día de Rosalía de Castro

Con motivo do Día de Rosalía, 23 de febreiro, a Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua homenaxeou á autora con traballos creativos do alumnado. Á proposta da Asociación de Autores en Lingua Galega, o alumnado partiu dos primeiros poemas de Follas Novas de Rosalía de Castro para sementar os seus pensamentos poéticos polo centro.

Conferencia sobre Xela Arias

O 7 de febreiro,o alumnado de 4°ESO e parte do de 3° asistiu á conferencia "Xela Arias. Poesía e vida" impartida por Anxo Rajó e Bieito Ledo. Anxo Rajó, autor dun libro sobre a poeta na editorial Ir Indo, contounos feitos da vida da autora decisivos para entender a súa obra. Tamén explicou a forte personalidade e vixencia dos seus versos. Deseguido, Bieito Ledo, fundador e director da editorial Ir Indo, tratou a importancia de escribir, editar e publicar obras desde a súa óptica tan rica en experiencias. As cuestións do alumnado prolongaron o encontro sobre a autora recentemente homenaxeada

Marcapáxinas pola igualdade

O 8 de marzo, co fin de conmemorar a loita da muller pola igualdade de xénero, alumnado de 1º de bacharelato elaborou e repartiu polas aulas e a biblioteca MARCAPÁXINAS sobre importantes mulleres economistas e as súas principais achegas. A actividade estivo coordinada pola profesora de economía Tamara CambraOtero".

 

 

Novo número revista ROULANDO

Xa temos aquí o novo e interesante número da nosa revista ROULANDO, coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Tedes dúas posibilidades de vela:

Que a gocedes!

A poesía no noso centro

O profesor de galego Xavier Xil Xardón impartiu un obradoiro de poesía dirixido aos alumnos de ESO e Bacharelato. O obradoiro pechouse cun recital da poeta Silvia Penas quen, co seu grupo Cintaadhesiva, levou ao escenario poemas de Xela Arias e da propia Silvia. Foi unha actividade moi enriquecedora que esperamos poder seguir organizando nun futuro.

Aprendendo a crear un libro ilustrado

O profesor de Educación Plástica e visual, Pablo Martínez, que ilustrou o conto Pulguiña da editorial Kalandraka, expuxo os debuxos orixinais, sen o texto, e faloulles aos alumnos de 1º ESO sobre o proceso de creación do libro.

 

Os dereitos humanos no cine

Aquí tedes o excelente traballo feito por alumnado de cuarto de ESO, coordinados pola profesora de Valores Éticos, Carmen Fernández, sobre os dereitos humanos no cine.

Un libro para as vacaciones

Desde a biblioteca do centro quérenvos animar a que non pasedes estas vacacións sen un bo libro. Así que Julio preparouvos este catálogo. Facede clic na imaxe e accederedes a él. Que vos divirtades!

O Principiño no noso instituto

Desde a biblioteca sempre están animándonos á lectura. Aquí tedes unha interesantísima suxestión que acaban de facernos.

Ricardo e Xosé Trigo no noso centro

Ou luns 15 de marzo tivemos dous charlas dos irmáns Ricardo e Xosé Trigo que viñeron a presentar a obra Ricardo Mella: o home novo, novela gráfica que nos narra a biografía do intelectual vigués. Ramón é o autor das espectaculares ilustracións e Xosé, o guionista. As rúas de Vigo, as chemineas industriais ou as vías do tranvía aparecen polas páxinas da novela trazadas a carboncillo.

A continuación, pinchando nos "widgets" podedes ver as novelas Ricardo Mella Ou home novo e Kartoffel, nesta última móstrnanos o contrabando, a espionaxe e a relación do réxime de Franco cos Nazis.

                                 

Distribuir contido