Iniciar sesión

Secretaría virtual

Anuncios

Premios extraordinarios bacharelato

No dog do 25 de abril de 2022 aparece reflectida toda a información para a obtención dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-22 (ver documentos anexos). O prazo de presentación comeza o 26 de abril e remata o 25 de maio, habendo 20 premios de 1000€ cada un. Toda a normativa e documentación a presentar esta dispoñible no DOG.

 

Modificacións avaliación, promoción e titulación

Nos documentos adxuntos tedes a información referente ás modificacións na avaliación, promoción e titulación do alumnado para este curso escolar. Sabendo que esta información é importante e que pode ter interpretacións confusas, o centro vai organizar tres sesións informativas coas familias o 19 de abril (1º e 2º de BACH), 20 de abril (2º e 3º da ESO) e 21 de abril (1º e 4º de ESO), todas a partir das 17,30 h. Á volta da Semana Santa tamén estarán dispoñibles na web do centro, todas as modificacións dos departamentos no tocante á 3ª avaliación e final.

Becas ministerio

Xa está aberto o prazo para solicitar becas para estudos de bacharelato, FP e universitarios. Abrangue desde o 30 de marzo ao 12 de maio. Se fas clic na imaxe accederás a toda a información necesaria.

Procura non deixalo para o último día porque sempre pode haber algún problema de tramitación.

Defensa proxecto STEMbach

A alumna Ana Sande Álvarez defendeu o pasado día 17 o seu traballo de STEMbach titulado "Estudo de Esforzos Nunha Ponte Peonil da Autovía A-55". O acto tivo lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e a súa defensa recibiu os parabéns do tribunal, que a calificou de sobresaínte.

O traballo foi titorizado polo profesor do Departamento de Física e Química D. Cándido Carrera Vázquez e D. José Carlos Caamaño Martínez, do Departamento de Enxeñería de Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción, da Universidade de Vigo.

Na foto que acompaña podedes ver a alumna cos membros do tribunal: D. Pablo José Martínez Rodríguez, Dna. Adela Rodríguez Rodríguez e D. Félix Fernández Abalde.

Fin recomendación uso máscaras no patio

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

Actividade "O papel da familia no sufrimento e saúde mental do adolescente"

A saúde mental é algo fundamental para o benestar das persoas. A pandemia provocada pola COVID veu agravar situacións de estrés, depresión, ansiedade, illamento ou atolesións que se están a dar nas nosas crianzas. É por iso que as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos informarnos para atallar estas situacións, detectalas e poder dar resposta cando se produzan para coidar da mellor maneira a saúde mental das nosas crianzas.

A actividade está organizada por FOANPAS e será impartida polo psicólogo Daniel Novoa.

Levarase a cabo o xoves día 17 e marzo, ás 17 horas, no noso centro.

Debido a que as prazas son limitadas deberase facer unha inscripción previa: ben en foanpas@foanpas.com ou enchendo o formulario https://forms.gle/KvfBKpvBPENrscqz8

Nova parada bus liña travesía

Informámosvos dunha nova parada do bus que fai a liña que sae de Travesía de Vigo. No arquivo adxunto tedes todas as paradas e marcada en amarelo a nova.

Información utilidade Policía Local

No arquivo adxunto tedes unha información de utilidade para as familias que nos envía a Policía Local de Vigo.

Axudas formación linguas estranxeiras alumnado bacharelato

No DOG do 31 de Xaneiro publícase a  Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

O alumnado beneficiario é o de primeiro e segundo de bacharelato.

Nos arquivos adxuntos tedes o texto completo da orde e tamén un extracto da mesma.

Cremos que pode ser de moito interese para mellorar a vosa competencia en lingua estranxeira.

Composición Consello Escolar

O día 13 de decembro procedeuse á constitución do novo Consello Consello Escolar do noso centro. Indicámosvos a súa composición: 

EQUIPO DIRECTIVO:

  • Blanco Lobato, Pablo ( Secretario )
  • García Pérez , Sonia María ( Xefa de estudos )
  • Martínez Rodríguez, Pablo José ( Director )

PROFESORADO:

  • Cortés Couselo, Uxío
  • García Bartolomé, Domingo
  • Pascual Malvar , M.ª del Henar
  • Santamaría Fernández , M.ª Trinidad
  • Santorum Paz, Francisco
  • Romero Lage , Cristina María
  • Vázquez Cebreiro , Concepción

PAIS / NAIS / TITORES LEGAIS:

  • García Novas , Ana Ruth
  • Montengro Alonso, María Sol
  • Fernández Durán, Belén

ALUMNADO:

  • Collazo Colarte , Eva
  • Davila Vázquez , Roi
  • Espada Barcón , Guillerme
  • Santiago Cabanelas , Leo

REPRESENTANTE CONCELLO:

  • Bruzón Alcañiz, Rocío
Distribuir contido