Iniciar sesión

Secretaría virtual

ESTREAMOS MURAL DE CONVIVENCIA E GUALDADE

O IES ROU estrea Grafitti e da por concluido o mural da CONVIVENCIA e IGUALDADE, todo da man do alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO .

Debemos dar unha mención especial ao noso artista particular Lucas Ruzo, de 4º ESO A, que co seu bo facer na arte da caligrafía graffiteira foi quen de dinamizar a conclusión deste proxecto comezado o curso pasado.

Ao mesmo tempo, na Ágora do centro estreamos o punto de Convivencia e Benestar cun tótem identificativo,  onde todos os primeiros recreos, coa axuda mediadora do coordinador de convivencia, Pablo Martínez, poderemos resolver con diálogo e de xeito pacífico, todos aqueles conflitos e roces que poidan xurdir na convivencia entre iguais no día a día.