Iniciar sesión

Secretaría virtual

Paula Carballeira e o teatro no noso centro

Este martes 2 de abril, dentro das xornadas de encontros con autoras e autores organizada  pola Biblioteca e, neste caso, o departamento de Lingua Galega, visitounos PAULA CARBALLEIRA, autora da peza teatral As alumnas, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Participou o alumnado de 1° de bacharelato que leu a obra, xunto coa súa profesora Esther Quinteiro. Paula Carballeira contounos anécdotas sobre a creación, pescuda e recepción desta obra que trata sobre a educación da muller durante o franquismo e tamén sobre a amizade. Coa soltura que dá toda unha carreira literaria e vinculada ao teatro, respondeu as preguntas das e dos asistentes e  intercambiou pareceres e mesmo a interpretación dunha pasaxe connosco. Grazas Paula Carballeira por este encontro tan interesante.