Iniciar sesión

Secretaría virtual

Probas DELF Scolaire

No arquivo adxunto tedes o calendario coas datas das probas do DELF Scolaire para este curso 2020-21. Recordade que son no IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e que é aconsellable chegar 30 minutos antes. A data, horario e lugar de celebración das probas orais están por confirmar. Informaremos persoalmente o alumnado cando se saiban.

Para a alumna que fixo 2º de Bach o curso pasado e está inscrita no B2, as probas serán en novembro na Alianza francesa de Vigo (Delf junior).

PROTOCOLO COVID:

  • Tedes que tomar a temperatura antes de acudir ao exame.
  • Non acudades ao exame en caso de atoparvos enfermos ou con síntomas.
  • Podedes ir ao exame acompañados dunha única persoa.
  • Tedes que presentarvos ás probas con máscara, un bolígrafo e a vosa propia botella de auga.
  • Deberedes evitar ir con bolso ou mochila.
  • Teredes que respectar as instrucións que se vos dean: distanciamento físico, desinfección de mans á entrada do exame...

 Moita sorte a tod@s.

 

AdxuntoTamaño
Calendrier sessions DELF scolaire octobre 2020.pdf111.73 KB