Iniciar sesión

Secretaría virtual

Roteiro social e económico do alumnado de 4º ESO

Rematamos co ciclo de visitas guiada pola arquitectura ecléctica do Ensanche de Vigo con 4 ESO A/B/C na materia de historia. Dende a Pórta do Sol ata a Alameda pasando polas rúas Policarpo Sanz e García Barbón, no contexto dos contidos da materia sobre as consecuencias económicas das revolucións industriais, a arquitectura historicista e a sociedade española de finais de século XIX.

Esta é unha visita dunha hora e media reparando no exterior dalgúns dos edificios mais senlleiros de finais de  século XIX e principios do XX de Vigo. Revivindo unha historia de crecemento económico e esplendor arquitectónico parellos,  protagonizados por unha burguesía culta relacionada co negocio da pesca, da conserva, das navieiras e consignatarios, dos asteleiros e da banca. Descubrimos no percurso da visita a Indianos filántropos como promotores de moitos dos inmobles que aínda hoxe rexentan as pricipais rúas da cidade, a arquitectos locais e foráneos de nomeado prestixio competindo por levantar os mais espectaculares alzados e a a un gremio de canteiros herdeiro da máis antiga tradición galega.

Se facedes clic no seguinte enlace poderedes acceder a un interesante vídeo sobre a actividade.